ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

O BNG esixe no Parlamento a urxente actuación no Centro de Saúde de Santa Comba

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de mayo de 2024 a las 12:32

Compartir
  • Denuncian o «estado extremadamente precario» e demandan unha reforma integral  e que a Xunta asuma «de inmediato» a titularidade e xestión do centro
  • O portavoz municipal nacionalista, Juan David Sixto, insiste en que «Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e non pararemos até conseguilos»

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024.- O BNG ven de instar á Xunta a que tome medidas urxentes para poñer fin ao «estado extremadamente precario» do Centro de Saúde de Santa Comba, con graves deficiencias nas infraestruturas e falta de espazo que dificulta a actividade. A través de varias iniciativas presentadas polo grupo parlamentar, esixen unha reforma integral ou, no seu caso, a construción dun novo edificio, e tamén que a Xunta asuma de maneira inmediata a titularidade e xestión do centro.

Varias iniciativas rexistradas no Parlamento Galego polas deputadas nacionalistas Iria Carreira e Montse Prado esixen a inmediata actuación por parte da Xunta no Centro de Saúde de Santa Comba que padece unha situación «extrema que dificulta a actividade diaria e comprometen o benestar tanto do persoal como da veciñanza». O portavoz municipal do BNG, Juan David Sixto, insistiu en que «Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e o BNG vai esixir as melloras necesarias no centro de saúde e no ceip que, como denunciamos, están nunhas condicións deplorábeis».

Ao respecto, desde o BNG denuncian graves problemas estruturais o Centro de Saúde, que inclúe o PAC que atende tamén á veciñanza de Mazaricos, con numerosas eivas como o mal estado do tellado, que provoca humidades e goteiras no interior e ruído de auga que «dificultan a actividade diaria e entorpecen o entendemento nas consultas e na área administrativa».

Ademais, á relación de cuestións que necesitan unha urxente actuación súmanse os problemas de climatización que ocasionan altas temperaturas no verán e baixas en exceso no inverno a pesar da calefacción o que obriga a moitas profesionais a traer os seus propios radiadores. O  mal funcionamento da calefacción ocasionou tamén varios sustos que obrigaron a desaloxar o centro e mesmo a solicitar a actuación dos bombeiros.

Ao mal estado da infraestrutura engádense, como lembra o BNG, as eivas do mobiliario e a escaseza e espazos o que impide, por exemplo, o normal funcionamento das facultativas MIR que se destinan ao centro ou obriga a compartir consultas como farmacia e nutrición ou traballo social e odontoloxía e poñen en cuestión a custodia da documentación confidencial sanitaria que, durante anos, foi acumulada nos corredores, a falta dun arquivo en condicións que esixe a lei.

As deputadas nacionalistas poñen o foco tamén no feito de que as clases de preparación maternal teñen que desenvolverse nunha sala de reunións que carece dos medios precisos polo que denuncian que se lle está a furtar ás mulleres de Santa Comba e Mazaricos a posibilidades de ter a atención necesaria durante o embarazo. Lamentan ademais o «desleixo as administracións implicadas» xa que, desde hai máis dun ano, existe unha sala municipal a disposición do Sergas que aínda non se utiliza.

Reforma integral ou construción dun novo edificio

Para poñer «urxente» solución a esta situación, o BNG esixe á Xunta que asuma de maneira inmediata a titularidade e xestión do centro de saúde de Santa Comba e que acorde co Concello o uso de instalacións municipais para o uso a matrona que atende a mulleres de todas as idades, entre outras accións, para as clases de preparación ao parto que precisan desenvolverse nun espazo acaído.

Ademais, insta a solucionar á maior brevidade os problemas infrestructurais coas obras qu sexan necesarias, ou ben cunha reforma integral ou coa construción dun novo edificio dado o grao de deterioro do actual. Suma ás demandas a necesidade de garantir a dotación de persoal e as coberturas das ausencias que se produzan para unha atención sanitaria de calidade á veciñanza.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O portavoz municipal do BNG, Juan David Sixto, lamentou o «estado deplorábel» no que se atopan as instalacións destinadas aos servizos públicos de Santa Comba e destacou o labor do grupo parlamentar nacionalista para, unha vez máis, instar á Xunta a poñer fin a esta situación. «Fixémolo co CEIP Barrié de la Maza e facémolo co centro de Saúde porque, infelizmente, tanto un coma outro son exemplo do abandono ao que tanto a Xunta como o Concello condenan a servizos públicos básicos como son a sanidade e a educación», sinalou Juan David Sixto. Neste sentido, apuntou que o BNG «non vai consentir que se trate á veciñanza de Santa Comba como cidadáns de segunda e baterá en todas as portas e as veces que faga falta para solucionar esta situación».

Etiquetas

bngcentro de saudeparlamentoradio lider santiagoSanta comba
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos