ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O BNG denuncia as demoras en Oncoloxía do CHUS e reclama reforzo de persoal

Iria Carreira faise eco das queixas dos pacientes, que denuncian esperas de máis de oito meses para as revisións, cos efectos que iso ten na súa saúde

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de mayo de 2024 a las 15:19

Compartir

Santiago de Compostela, 1 de maio, 2024.  A deputada do BNG Iria Carreira levará este xoves ao Parlamento as deficiencias no cadro de persoal do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), que teñen motivado as queixas dos usuarios por demoras de máis de oito meses nas revisións ás que se teñen que someter.

A deputada nacionalista defenderá na Comisión de Sanidade de Cámara unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno da Xunta a “dimensionar urxentemente e de xeito adecuado” os cadros de persoal de todas as categorías do servizo de Oncoloxía Médica, realizando para iso as contratacións que sexan oportunas.

No mesmo sentido, a iniciativa do BNG reclama unha mellor planificación da actividade asistencial para garantir a calidade da atención que reciben as pacientes, así como o benestar laboral, “evitando atrasos nas consultas e revisións que non atendan a criterios clínicos”.

Carreira acusa ao Goberno do PP e á Xerencia do CHUS de ter afondado na precariedade laboral e no deterioro da calidade asistencial, unha situación  que no caso de Oncoloxía ten provocado que as revisións dos doentes que antes se facían en tres ou catro meses superen agora os oito meses, “en contra de calquera criterio clínico ouo sanitario”. “Ademais das obvias consecuencias que pode supor para a súa saúde física pola patoloxía que padecen, isto ten tamén repercusións sobre a saúde mental dos pacientes, pola incerteza e ansiedade de manterse na espera”, expón Carreira na súa iniciativa.

A responsable de Sanidade Hospitalaria e Investigación Universitaria no goberno alternativo co que o BNG fai o seu labor de oposición en favor de Galiza advirte que as demoras que denuncian os pacientes non son puntuais, se non que se veñen rexistrando dende hai meses polo “desmantelamento” que sofre a área sanitaria.

Lembra, neste sentido, que hai un ano o BNG xa trasladou ao Parlamento a preocupación polas demoras acumuladas nas citas após a decisión da Xerencia de obrigar ás facultativas e facultativos do servizo de Oncoloxía Médica a realizar gardas de Área Médica no Hospital da Barbanza pola falta de profesionais no centro comarcal. Aos retrasos nas citas, engade, súmanse tamén máis días nas esperas para probas diagnósticas de estadiaxe “que só afondan nese deterioro da asistencia que reciben os e as pacientes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As carencias no cadro de persoal, afonda Carreira na iniciativa que defenderá este xoves na Cámara, non se limitan só ao cadro facultativo, senón que afecta tamén a outras categorías profesionais como as de farmacia, enfermaría, TCAEs ou celadoras.

Etiquetas

bngdenunciagalicianoticiasoncoloxiaparlamentopoliticaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala