ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

O Ateneo de Santiago e a Real Academia Galega de Ciencias asinan un convenio de colaboración

Os Presidentes do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla Lamas, e a Real Academia Galega de Ciencias, Juan  Manuel Lema Rodicio, veñen de asinar un convenio de  colaboración  de cara  a  propiciar  un maior achegamento entre ambas as entidades e a sociedade que as sustenta.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de mayo de 2024 a las 18:56

Compartir

As dúas entidades, co obxectivo común de promocionar actividades entre a cidadanía compostelá, selan coa sinatura deste acordo unha serie de compromisos colaborativos.

Por un lado, ambas as partes tratarán de impulsar a organización conxunta de actividades de distintos tipos e formatos nos  eidos cultural, científico ou educativo, así como a edición de publicacións e informacións que propicien a divulgación do saber e o coñecemento entre a cidadanía compostelá.

Ademais, todas as actividades promovidas tanto polo Ateneo  como pola Real Academia Galega de Ciencias serán divulgadas a través das súas canles de comunicación internas.

Por último, o Ateneo de Santiago comprométese a incluír «conferencias de interese propostas pola RAGC, nomeadamente aquelas relacionadas coa figura da/do Científica Galega do Ano».

Etiquetas

ateneo santiagocompostelaconveniodas cienciasradio lider santiagoreal academia galegasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha