ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

“O Amnistía Tour de Pedro Sánchez pagarémolo todos os galegos, incluso os que votaron ao PSOE»

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de diciembre de 2023 a las 15:09

Compartir
  • A número dous dos populares galegos afirma que se Pedro Sánchez vén a Galicia é “porque é o lugar onde ten o PSOE máis servil e disposto a aplaudirlle que aprobe unha barbaridade como é a Lei de Amnistía” e porque “o seu candidato é un bluf”
  • Os Orzamentos do 2024 inclúen unha partida de 45 M€ destinados aos autónomos e o presidente Rueda xa anunciou a implantación da “cota cero” para autónomos que inicien a súa actividade o próximo ano

15 de decembro de 2023.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que a visita de Pedro Sánchez a Galicia é parte do “Amnistía Tour” que o ten a el como artista principal pero conta con “demasiados invitados”, lamentando neste sentido que “os galegos e galegas, incluso os que votaron ao PSOE, van ter que pagar unha entrada que custa 400 euros por persoa”.

En declaracións aos medios antes de reunirse cos membros da Comisión de Emprego do PPdeG, a número dous dos populares galegos afirmou ademais que se Pedro Sánchez vén a Galicia é “porque é o lugar onde ten o PSOE máis servil e disposto a aplaudirlle que aprobe unha barbaridade como é a Lei de Amnistía”.

“Mentres aos independentistas lles outorga privilexios e millóns de euros, o único que o socialismo ofrece aos galegos son recortes de dereitos e mitins”, engadiu ao tempo que ironizaba con que “a Pedro Sánchez só lle falta vir a Galicia cunha hucha para recadar os 400 euros que cada galego terá que pagar pola súa investidura”.

A pesar de todo isto, Paula Prado ten claro que a verdadeira razón de Pedro Sánchez é o feito de que “o seu candidato en Galicia é un bluf ao que teñen que meter a calzador en todas as convocatorias oficiais da Delegación do Goberno e da Deputación da Coruña”. Algo que “sería escandaloso se non fose ridículo” e que da pé a que “calquera día manden ao candidato socialista a Xenebra xunto ao mediador do Salvador como recadeiro de Sánchez”.

OS AUTÓNOMOS SON IMPRESCINDIBLES NO DEVIR DE GALICIA

Isto é, para a número dous dos populares galegos, o día a día do país co PSOE apoiado por Podemos, Sumar e un BNG “que sempre elixe o lugar equivocado”. Algo que se reflicte tamén á hora de tomar medidas en beneficio dos autónomos, xa que “mentres o Goberno galego está a carón deste colectivo e o apoia con feitos, o Goberno de España só pon atrancos ao seu futuro”.

Referiuse así á recente decisión do Ministerio de Facenda de eliminar o alivio fiscal que compensaba a suba da inflación e que suporá que os autónomos por módulos vaian ter que pagar máis IRPF e máis IVE.

“No PPdeG somos conscientes de que o emprego é un dos eixos fundamentais do benestar dos galegos e galegas e de que os autónomos son un colectivo imprescindible no devir de Galicia”, asegurou Paula Prado ao tempo que incidía en que o presidente Rueda “é consciente das dificultades económicas e burocráticas que este colectivo afronta cada día” e que por iso é unha das prioridades do seu Goberno axudalos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

De aí que os Orzamentos do 2024 inclúan unha partida de 45 millóns de euros destinados aos autónomos e que se vaia implantar a “cota cero” para autónomos que inicien a súa actividade o próximo ano.

Etiquetas

amnistiapaula pradopoliticapp
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo