ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

O alcalde de Boqueixón anuncia unha forte inversión en infraestruturas municipais

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participou este mércores nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde avanzou parte da axenda cultural e de investimentos do Concello, con especial protagonismo para o Pico de Maio, a festa tradicional que se celebra no Pico Sacro, «a montaña máis simbólica de Galicia», segundo palabras do propio rexedor.

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de mayo de 2025 a las 14:47

Álvaro Veiga e Ovidio Rodeiro no photocall da emisora

Compartir

«Xa o dicía Castelao no seu último discurso en Bos Aires: o Pico Sacro é o altar de Galicia», lembrou Rodeiro, reivindicando o valor cultural e paisaxístico deste espazo. «É o mellor miradoiro que ten Compostela, un faro para os peregrinos», engadiu.

A celebración do Pico de Maio, que terá lugar este domingo, incluirá misas, actuacións de gaiteiros locais, gastronomía tradicional e unha visita guiada organizada pola empresa Geotour. «A visita leva por título Viaxe ao Orixe do Pico Sacro, estará conducida polo experto Joaquín Ovial e será ás 12:30h», explicou o alcalde. As persoas interesadas poden inscribirse a través do teléfono do Concello.

Durante a entrevista, Rodeiro fixo tamén un repaso das obras públicas en execución, que suman varios millóns de euros en investimentos:

  • Renovación integral do alumeado público: 2.800 farolas pasarán a tecnoloxía LED antes do verán, cun custo de 1,6 millóns de euros.

  • Rede de sendas peonís por parroquias como Ponte Ledesma, Campo Rapado ou Sergude, cun orzamento superior aos 2 millóns.

  • Plan de saneamento: «Temos un proxecto de 1.280.000 euros para completar a rede e outro de 1.880.000 euros para instalar fosas en 20 aldeas». O obxectivo é «chegar ao 100% das aldeas con acceso a saneamento».

  • Renovación da Escola Unitaria de Sergude, construída en 1958, cun investimento de 150.000 euros.

  • Proxecto de mellora do ximnasio do Forte, por 200.000 euros, pendente de financiación.

«Temos o 100% de cobertura de auga nas casas, agora queremos o 100% de saneamento nas aldeas», afirmou Rodeiro.

O alcalde tamén fixo referencia ao certame literario Xosé Neira Vilas, centrado este ano na temática do medio ambiente: «Queremos que os nenos reflexionen sobre a reciclaxe, a natureza, o coidado do noso entorno».

Para rematar, destacou a boa acollida da última edición da Carreira das Letras, que uniu simbolicamente o Pico Sacro coa Cidade da Cultura: «Buscamos unir dous faros do noso patrimonio nun mesmo evento cultural».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcaldeboqueixonpico sacropoliticaromaria
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo