ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

O actor compostelán Diego Anido, Premio de interpretación Maruxa Villanueva

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de marzo de 2024 a las 22:46

Compartir

 

 

  • O xurado, presidido polo alcalde, destaca a capacidade do galardoado para innovar e construír novas linguaxes teatrais
  • Valora tamén a súa dilatada traxectoria como actor no teatro de obxectos e físico
  • Fíxase no seu traballo en ‘O deus do pop’, obra individual que tamén escribiu e dirixe

Padrón. 6-3-2024.- O actor compostelán Diego Anido converteuse hoxe no gañador da 23ª edición do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, quixo recoñecer así a dilatada traxectoria do galardoado en distintas facetas do eido teatral, así como a súa capacidade para innovar e construír novas linguaxes fixándose sobre todo no seu labor de investigación, creación e interpretación na peza ‘O deus do pop’.

Diego Anido, que se fixo coñecido para o gran público grazas ao seu papel de Lorenzo na premiada película As bestas, atesoura varias décadas de traballo no mundo do teatro non só como actor senón tamén como autor. En ‘O deus do pop’, obra coa que percorreu Galicia ao longo do pasado ano, desenvolveu as tarefas de escritura, dirección, escenografía, música, coreografía e interpretación, un feito que destaca o xurado do premio Maruxa Villanueva.

Ademais, o galardón valora a súa dedicación tanto ao teatro de obxectos como ao teatro físico ao longo da súa carreira e salienta a súa “audacia creativa” así como o labor que vén desenvolvendo na “construción dramatúrxica dende as linguaxes híbridas”.

Integrante de varios grupos de teatro e colaborador do Centro Dramático Galego, Diego Anido asinou con O deus do pop a súa quinta peza individual. Fóra do teatro, participou como actor en series de televisión como Pepe o Inglés e diversas películas. O ano 2022 marcou un punto de inflexión na súa carreira ao gañar o Pemio Mestre Mateo polo seu papel en Malencolía, de Alfonso Zarauza, e moi especialmente ao ser un dos catro candidatos ao Goya a mellor actor secundario pola súa aplaudida interpretación en As bestas, de Rodrigo Sorogoyen, formando tándem con Luis Zahera, quen levou finalmente o premio.

Diego Anido recibirá como premio 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura do busto da actriz Maruxa Villanueva nun acto que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón e que servirá como excusa para que a veciñanza da capital do Sar poida velo sobre o escenario con ‘O deus do pop’.

Ademais de por Anxo Arca, o xurado, reunido hoxe pola mañá no centro social do Concello de Padrón, estivo formado polos profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva, Afonso Becerra e Roberto Pascual; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernández; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Padrón, vencellado estreitamente a grandes figuras literarias, resalta con este premio o seu compromiso coa literatura e coas letras galegas, sendo tamén promotor do premio de narrativa Camilo José Cela e do certame poético Rosalía de Castro.

Etiquetas

actorcomarcaDiego AnidoMaruxa Villanuevapadronpremioradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’