ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

O 20% da poboación de Santiago peciosou da axuda dos Servizos Sociais en 2025

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, presentou hoxe a memoria anual do departamento, acompañada por pola xefa de sección do departamento, Eva González. A tenenta de alcaldesa insistiu en que “o departamento vén traballando desde o convencemento de que os servizos sociais deben garantir a igualdade e o benestar do conxunto da veciñanza, non só do das persoas en situación de maior vulnerabilidade”. Nese sentido, apuntou que “ser usuaria dos servizos sociais municipais non debe ser visto como un estigma, senón como un dereito de todos e todas”. Este enfoque, apuntou María Rozas, “explica que nos últimos anos se incrementara de maneira moi notable o número de persoas atendidas no departamento, ainda cando a situación socioeconómica de Santiago é boa”. Na mesma liña pronunciouse a xefa de sección de Servizos Sociais, que explicou que “a nivel técnico é moi importante chegar ao 20% da poboación, porque se entende que é un grao de cobertura óptima e supón entender que os servizos sociais deben ser universais”. Eva González tamén puxo en valor “o convencemento do Concello de que debe ser a administración que estea ao carón da veciñanza e pendente das súas necesidades”.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de febrero de 2026 a las 21:21

Compartir

No ano 2025, un total de 19.944 veciños e veciñas de Santiago requiriron da intervención dos Servizos Sociais Municipais, case o 20% da poboación total. Nesa cifra inclúense todas as persoas que tramitaron no departamento axudas municipais ou doutras administracións, usuarias de programas como o SAF ou o Xantar na Casa, ou veciños e veciñas que recibiron calquera tipo de asesoramento dos Servizos Sociais. En 2025 fíxose un esforzo especial por reforzar a atención domiciliaria, e pasouse das 1.539 visitas rexistradas en 2024 a 2.727.

Servizo de Axuda no Fogar

Un dos colectivos de atención prioritaria para os Servizos Sociais Municipais foi en 2025 o das persoas maiores. María Rozas explicou que “pechamos o ano pasado con 24.710 persoas maiores de 65 anos empadroadas en Santiago, das que 5.304 viven soas; 365 máis que un ano antes”.

Dentro dos servizos dirixidos especialmente ás persoas maiores, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais salientou o SAF, que pechou 2025 cun total de 808 persoas usuarias, “a cifra máis alta da serie histórica”, das que 625 persoas foron atendidas na modalidade de dependencia e 183 na de libre concorrencia. Foron, en concreto, 68 usuarias máis que en 2024 e 113 máis que en 2023. En canto ás horas de servizo, en 2025 prestáronse preto de 16.000 horas máis que no ano anterior, ata superar as 203.500. Este incremento de horas de servizo e de persoas atendidas “é posible pola aposta que fixo o Goberno por incrementar o orzamento do Servizo de Axuda no Fogar, que pasou de 3,6 millóns de euros en 2023 a 6,3 millóns de euros en 2025”. En relación ao SAF, a concelleira reiterou a súa vontade de volver licitar o servizo este ano “porque ainda que o novo contrato trouxo avances evidentes queremos seguir avanzando para ter o mellor servizo”.

A concelleira de Dereitos Sociais tamén se referiu a outros programas pensados fundamentalmente para as persoas maiores, como o servizo de teleasistencia domiciliaria. O ano pasado, foron beneficiarias destes dispositivos 109 persoas, fronte ás 60 de 2024, grazas ao incremento en máis dun 20% do orzamento destinado aos convenios con Cruz Vermella para a xestión do programa, que incorporou novos dispositivos como detectores de fume ou de movemento. A teleasistencia permitiu detectar 48 incidencias graves nas que foi precisa unha intervención de emerxencia nos domicilios. Por outra parte, o ano pasado estreouse o novo Servizo Municipal de Atención Inmediata, que actúa ante casos de emerxencia non sanitaria, como apoio a mobilizacións en caídas ou traslados a centros residenciais.

En 2025 tamén se iniciou o programa Xantar na Casa, a través dun convenio coa Xunta de Galicia que concedeu 60 prazas para o servizo. Un total de 92 persoas foron beneficiarias do servizo ao longo do ano.

Bolsas sociais

Ao igual que o das persoas maiores, o colectivo da infancia vén recibindo a atención prioritaria do departamento de Servizos Sociais. Neste caso, unha das principais liñas de actuación é a convocatoria de bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares á que en 2025 se destinou un orzamento de 1,1 millón de euros, a mesma cifra que en 2024 e 305.000 euros máis que en 2023. O ano pasado, 793 menores foron beneficiarios de bolsas de comedor escolar na modalidade de escaseza de recursos e 272 na modalidade de conciliación; 601 nenos e nenas recibiron a axuda para actividades extraescolares, e 272 menores recibiron apoio económico para a adquisición de material escolar.

Como novidade, o ano pasado convocáronse por primeira vez as axudas para financiar os gastos en servizos terapéuticos e a compra de alimentos sen glute, cun orzamento total de 70.000 euros e con 59 nenos e nenas beneficiarias.

Persoas sen fogar e en risco de exclusión

María Rozas tamén deu conta das actuacións do SEMUS, o Servizo Municipal de Urxencias Sociais. En 2025 realizáronse un total de 149 rutas nocturnas para a localización e atención a persoas sen fogar, cunha media de 27 persoas atendidas en cada saída. O 85% das persoas atendidas en rúa foron homes, e a idade media situouse nos 48 anos. O 56% foron persoas de nacionalidade española, e case o 30% atopábanse en situación irregular. A través do SEMUS, que o Concello ten en marcha en colaboración con Cruz Vermella, foron entregados máis de 6.800 packs de alimentos e bebidas e preto de mil packs de roupa de abrigo.

Ademais da atención ás persoas sen fogar, o SEMUS activouse en 2025 en 197 ocasións para dar resposta a outras situacións de emerxencia como atención a persoas maiores ou a vítimas de violencia de xénero.

Ainda relacionado coas persoas en situación de exclusión, en 2025 rexistrouse un incremento na tramitación de prestacións da Ordenanza de Garantía Básica ata chegar aos 115 expedientes, fronte aos 88 do ano anterior. As persoas beneficiarias subiron desde as 206 de 2024 ata as 231 que o ano pasado puideron cubrir as súas necesidades básicas grazas a estas prestacións municipais, o 47% delas persoas estranxeiras en situación irregular “cumprindo o obxectivo que temos como Concello de garantir os dereitos fundamentais de todas as persoas que viven en Compostela, con independencia da súa situación administrativa”.

Ademais, 235 persoas beneficiáronse do programa municipal de emerxencia social, a través do que o departamento de Servizos Sociais adquire produtos de primeira necesidade para persoas e situación de urxencia social.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, María Rozas salientou que o Concello de Santiago, a través do departamento de Servizos Sociais, destinou en 2025 máis de 770.000 euros a convenios de colaboración con 24 entidades sociais, fronte aos 650.000 euros de 2024.

Etiquetas

politicas sociaisSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago