ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedadTurismo

O 19 de febreiro arranca Santiago(é)Tapas con 76 propostas de 48 locais

Un total de 76 propostas, oito máis que en 2025, de 48 locais, seis máis que na edición anterior, poderán degustarse en Compostela desde o xoves 19 de febreiro, cando comece o XVII Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de febrero de 2026 a las 18:43

Compartir

Estes locais están distribuídos en oito (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial: doce, vexetariana e sen glute. Cabe destacar que este é o único concurso de tapas de Galicia que conta cun itinerario apto para persoas celíacas, avalado pola Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA).

As oito rutas ou (é)Tapas nas que se distribúen os participantes son:

CAMIÑO INGLÉS: Pico de Galo / A Porta Verde / O Testo / Entreportas / A Carrilana / La Culpable 

CAMIÑO PRIMITIVO: A Fuego Lento / Suso / O’Flanagan’s / Redes / Nómade / Vilar 64 / Los Caracoles 

VÍA DA PRATA: O Sendeiro / Quitapenas / Mercedes / Beher / A Ostrería 

CAMIÑO DE INVERNO: Vitela / Xuntanza / Mori / Sindueña / Sessanta & Novanta / El Muelle / Cacao 

CAMIÑO PORTUGUÉS:  A Vaquiña / Bodeguilla de Santa Marta / Artesana / La Planta / El Estudio 

CAMIÑO FRANCÉS: Oca Puerta del Camino / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / Arauxa / Atahualpa  

CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA: El Rincón de Yobeida / As Margaritas / El Cártel de Mawey / La Morena / A Lareira / Marte 

CAMIÑO DO NORTE: Avenida 213 / A Maceta / Black Cat / A Moa / Casas Chico / Orixe / A Medusa 

Agasallos para o público

Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos premios, tales como agasallos especiais de Turismo de Santiago ligados a Compostela, produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria, de AGACAL; botellas de viño Ponte da Boga, cervexas Estrella Galicia ou lotes de Café Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia); entre outros regalos que se comunicarán nos vindeiros días.

Ademais, entre todas aquelas persoas que voten polas súas tapas favoritas a través dos QR que atoparán nos locais participantes, sortearase unha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio.

O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes.

O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela, Allwork e Vimbio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Toda a infomación está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Etiquetas

gastronomiaSantiago de Compostelasantiago e tapas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira
Actualidad

A gastronomía e a solidariedade volven darse a man en Negreira