ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

Noa Díaz (PSOE) esíxelle á Xunta a reforma integral do CEIP Vite I

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de diciembre de 2023 a las 16:30

Compartir
  • A deputada socialista insiste nos problemas de antigüidade do centro, sen ningunha reforma de envergadura nos 42 anos de vida e na urxencia dunha intervención: “vaia un luns ao centro e comprobe a auga que sae das billas”
  • O goberno galego comprometeuse a redactar un proxecto de rehabilitación integral no 2024

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023.- O PSOE arrincou hoxe o compromiso do goberno galego de redactar no 2024 o proxecto de rehabilitación integral para ser executado “canto antes”. Foron as palabras do secretario xeral técnico logo de ser preguntado pola deputada socialista, Noa Díaz, que recordou a insistencia dos socialistas neste tema e a escasa receptividade por parte da Xunta: “é a terceira vez que levamos este tema, a primeira en 2022, na que o PP votou en contra”.

Díaz insiste na urxencia dunha actuación de calado con graves problemas de antigüidade na instalación eléctrica e fontanería, accesibilidade e uns patios que non son inclusivos. Así, os socialistas propoñen a construción dunha pasarela que conecte todos os patios exteriores para que o alumnado con discapacidade e mobilidade reducida “poida compartir momentos de lecer cos seus compañeiros e non teñan que agardar noutros espazos porque non hai posibilidade material de acceder a determinados lugares”.

Lembra a deputada socialista que o propio goberno galego admitía en abril que se trataba dun centro escolar con certa complexidade, xa que estaba construído en tres niveis, e xa entón falaban dun proxecto cunha serie de ramplas para acceder a todos os patios, “alegaba vostede dispoñibilidade orzamentaria, houbo ou non?” preguntou Díaz.

Reclamando un paso máis aló, Díaz insistiu na necesidade de, ademais de que os patios sexan accesibles, sexan tamén inclusivos. Nese sentido, solicitou ao goberno galego que inclúa o centro nas previsións do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, defendendo os patios de xogo “como zonas coeducativas e participativas, onde as nenas e nenos deben socializar en igualdade de condicións”.

“Vaia un luns ao centro e comprobe a auga que sae das billas”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na reforma integral que, defenden os socialistas, é imprescindible “logo de máis de 20 anos sen ningunha obra de envergadura” a modernización da instalación eléctrica e a revisión da fontanería. Díaz insistiu na urxencia desta actuación: “convídoo a que vaia un luns ao centro e comprobe a auga que sae das billas” interpelou a deputada por Santiago ao responsable da Xunta de Galicia.

Etiquetas

ceip vite Ipoliticapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo