ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia Líder

Nace Plataforma Galega Vivenda XA!: «A vivenda xa non é un fogar, senón un luxo»

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2025 a las 18:50

Compartir
  • O colectivo reclama medidas urxentes para garantir o acceso á vivenda digna e critica a inacción das administracións públicas

O acceso á vivenda converteuse nun dos grandes problemas sociais de Galicia, afectando tanto á mocidade como ás familias e persoas en situación de vulnerabilidade. O incremento dos prezos do alugueiro, a falta de vivenda pública e a proliferación de pisos turísticos son algúns dos factores que están a complicar a situación. Ante esta realidade, un grupo de cidadáns decidiu dar un paso adiante coa creación da Plataforma Galega Vivenda XA!, que será presentada oficialmente mañá xoves, ás 12:00 horas, na nave de Vidán en Santiago de Compostela.

A iniciativa busca “aunar esforzos” e coordinar os distintos movementos sociais que levan tempo traballando no ámbito da vivenda, segundo explica Iria Nande, portavoz do colectivo. “Vimos que había algúns movementos sociais que traballaban no tema, pero todo de forma bastante atomizada. Pensamos que era necesario crear unha plataforma que unise todas esas loitas para conseguir o dereito a unha vivenda digna”, sinala.

Un problema que afecta a toda a sociedade

A crise da vivenda en Galicia non só impacta na mocidade que busca independizarse, senón tamén en familias e persoas en risco de exclusión. Segundo Nande, “a realidade é que o problema da vivenda afecta a toda a sociedade galega. Parece que só prexudica á xente nova, pero é unha cuestión transversal”.

Un dos principais puntos de denuncia da plataforma é a falta de vivenda pública e a mala xestión dos inmobles dispoñibles. “A Sareb ten unha serie de inmobles en toda Galicia que poderían ser utilizados para crear un banco público de vivenda, pero non se están poñendo á disposición da cidadanía”, critica Nande.

Ademais, a portavoz subliña que hai moitas vivendas baleiras que non saen ao mercado do alugueiro por medo á morosidade ou á ocupación. Para abordar esta situación, propoñen “medidas fiscais que incentiven a posta en alugueiro das vivendas que están baleiras, así como axudas para a súa reforma no caso de que non estean en condicións de ser habitadas”.

A burbulla do alugueiro e o impacto do turismo

A subida dos prezos do alugueiro en cidades como Santiago de Compostela é outro dos aspectos que preocupa á plataforma. “Parece que asumimos como normal que cada ano suba o prezo do alugueiro 50 euros ou máis, cando os soldos seguen estancados. Hoxe en día, dous soldos nunha casa xa non garanten poder pagar un alugueiro”, denuncia Nande.

Os pisos turísticos tamén teñen un impacto directo na crise da vivenda. “Moitas vilas galegas vense afectadas porque os propietarios prefiren alugar durante dous ou tres meses no verán en vez de ofrecer alugueiros de longa duración. Isto provoca que a xente nova non poida vivir no lugar onde naceu”, explica a portavoz.

Reivindicacións e mobilizacións

A Plataforma Vivenda Galega XA! ten previsto levar a cabo accións tanto a nivel institucional como na rúa. “Non descartamos ningunha vía. Protestaremos nas rúas e tamén levaremos as nosas demandas ás institucións. Queremos que se nos escoite”, afirma Nande.

No que respecta ás responsabilidades políticas, o colectivo lembra que a Xunta de Galicia ten competencias directas en materia de vivenda e que debería actuar con maior contundencia. “A Constitución di que todos temos dereito a unha vivenda digna, pero iso non se está cumprindo”, subliña a portavoz.

A plataforma nace coa intención de ser un punto de unión para os distintos movementos sociais que loitan polo dereito á vivenda en Galicia. Con máis dunha decena de colectivos adheridos na súa fase inicial, agardan sumar novos apoios tras a súa presentación pública. “Traballar de forma illada pode dar resultados, pero a unión fai a forza. Queremos que as nosas reivindicacións se convertan en cambios reais”, conclúe Nande.

A presentación oficial da plataforma será mañá, xoves 20 de marzo, ás 12:00 horas na nave de Vidán, en Santiago de Compostela.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Entrevistagaliciaplataformavivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala