ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Muíños solicita unha reunión co Goberno local tras o novo retraso na licitación dos autobuses

O portavoz socialista di “comprender” a situación pero pide transparencia, lembrándolle á alcaldesa as súas reclamacións cando non tiña o bastón de mando: “pregúntome onde está a reunión de portavoces con presencia técnica que a señora Sanmartín pediría se estivera na oposición”

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de mayo de 2024 a las 19:34

Compartir

Recoñece que se trata dun contrato “difícil e complexo” e pide transparencia para coñecer a nova situación na que se atopa o contrato e o efecto que estas alegacións poden ter nos prazos

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024. “Lamentamos pero comprendemos a situación”. É a reacción do Grupo Socialista ante o novo retraso que se presenta no horizonte para a licitación do servizo de transporte urbano. Unha nova que chega logo de que dúas empresas presentaran alegacións ao estudo de costes durante o período de exposición ao público. Ante isto, Gonzalo Muíños recoñece que se trata dun contrato “difícil e complexo” e pedirá unha reunión co goberno local “para que nos expliquen a nova situación na que se atopa o contrato” así como o efecto que as alegacións presentadas poden supoñer nos prazos dados ata o de agora.

O portavoz dos socialistas asegura estar nun ánimo “propostivo”, aínda que se pregunta “onde está a reunión de portavoces con presencia técnica que a señora Sanmartín pediría se estivera na oposición”. Con esta afirmación, os socialistas volven a poñerlle o espello á alcaldesa tirando de hemeroteca, lembrando que ante os atrancos que se atoparon no anterior proceso de licitación, o impulsado polo goberno socialista, a actual rexedora esixira unha xuntanza destas características.

Lembra tamén o edil socialista que Compostela Aberta chegara a reclamar a convocatoria do Pacto pola Mobilidade para dar explicacións sobre o estado no que se atopaba a licitación: “agora que sofren os atrancos da xestión pública, quedan calados” critica Muíños que, recalca, “xa non hai leccións de transparencia, nin teóricas nin prácticas”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A pesar da discrepancia política, Gonzalo Muíños asegura seguir “con vontade de colaboración para sacar adiante a renovación do servizo” reclamando “información e transparencia”.

Etiquetas

autobusescompostelalicitacionnoticiaspoliticapsoeradio lider santiagoraxoiReunionsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo