ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Monicreques, poesía ou fotografía no Día das Letras Galegas en Dodro

Unha peza de Fantoches Baj, baseada na obra de Luísa Villalta “As chaves do tempo”, e unha exposición de fotografías antigas de Dodro son algunhas das citas máis destacadas.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de mayo de 2024 a las 12:11

Compartir

Dodro, 5 de maio do 2024 – O concello de Dodro celebra o Día Das Letras Galegas cunha programación que se estenderá ata finais de mes e que abarca actividades de distintos tipos para un público familiar.

O vindeiro xoves, día 16, comezará esta programación cun contacontos a cargo de Iolanda Eiras. “Fogar de cores” ten como obxectivo fomentar o uso a lingua galega pero tamén visibilizar os distintos tipos de familia que hai na sociedade actual. Esta actividade celebrarase ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Dodro. Está cofinanciada pola Xunta de Galicia e pertence ao programa Ler conta moito da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O venres 17, Día Das Letras Galegas, ás 17.30 horas no o CPI de Dodro, o gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, presentará a obra vencedora “As palabras do sur”. Estará acompañado por un representante da editorial Chan da Polvora, encargada do deseño e impresión do poemario, ademais de representantes municipais, familiares e veciños. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado e desfrutará dun evento amenizado con música e poesía.

O martes 21 de maio inaugurarase a exposición fotográfica «Escenas da memoria de Dodro». Esta mostra reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio e estará accesible ao público de luns a venres, entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello.

A programación do mes das Letras Galegas rematará o venres 24 de maio, ás 17.30 h, na Casa da Cultura coa representación da obra «Isaura e Tristán. Contastorias» de Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Trátase dunha peza teatral de monicreques para público familiar baseado no traballo de Luísa Villalta “As chaves do tempo». Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste 2024. Este espectáculo pertencente ao programa de actuacións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Dodro celebra deste xeito o seu compromiso coa lingua e cultura galega, ampliando e diversificando a oferta cultural no noso idioma e fomentando o uso do mesmo.

Etiquetas

comarcasdia das letras galegasdodroradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha