ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

Mondra anuncia un novo álbum, que verá a luz en maio, coa publicación de ‘vale máis un canciño’

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de febrero de 2025 a las 11:44

Compartir
  • O sinxelo, que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais, é un pícaro pasodobre no que colaboran múltiples instrumentistas e parte do alumnado das asociacións AC Peis d’Hos (Cangas do Morrazo) e ACF Tarambainas (Vigo)
  • O lanzamento acompáñase dunha peza audiovisual tan suxerente como inocente e divertida producida polo propio Mondra e o estudio elmembrillo

28 de febreiro de 2025.- O artista, cantareiro e bailador Mondra vén de anunciar que publicará en maio o seu segundo traballo discográfico. Logo de gañar o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica polo seu disco debut, ARDĒN, Mondra anuncia a boa nova coa presentación de vale máis un canciño, o primeiro avance do que será o seu novo LP, e que xa está dispoñible desde este venres 28 nas plataformas dixitais.

vale máis un canciño introdúcenos no universo sonoro do novo álbum de Modra, un traballo conceptual e persoal que produce, integramente, o Hevi no Laboratorio Soyuz. O tema que se estrea no día de hoxe é unha peza breve e coral, un pícaro pasodobre no que colaboran múltiples instrumentistas, tanto nos ventos coma nas percusións, así como parte do alumnado infantil das asociacións pontevedresas AC Peis d’Hos (Cangas do Morrazo) e da ACF Tarambainas (Vigo).

Antía, Anxa, Ari, Candela, Carmen, Celia, Clara, Iago, Icía, Laia, Lucía, Mar, Marina, Naiara, Naima, Nara e Noa son as 17 nenas que conforman o coro de voces brancas desta canción e que, ademais, acompañan a Mondra na súa proposta visual (unha produción do propio artista e do estudio coruñés elmembrillo, e que o cantareiro codirixe con Adela Otero), tan suxerente como inocente e divertida. A peza xa se pode ver tamén na canle de VEVO do creador galego.

Mondra

Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nombres máis destacados da escena musical do país. Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), acada o recoñecemento unánime de público e crítica; mais tamén galardóns, coma o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou candidaturas aos Premios Mestre Mateo polas pezas audiovisuais que acompañan aos temas Marimondra e Quererse ben, dirixidos polo propio Mondra.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tras percorrer case medio cento de escenarios co seu potente directo, Folía das Ardentes, o vindeiro 20 de marzo pechará en Madrid unha xira que dará paso, en maio, a unha nova etapa coa que o artista sorprenderá ao panorama musical polo diálogo que establecerá, tanto en forma coma en estilo, coa tradición.

Etiquetas

culturadiscogaliciamondramusica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.