ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Mobilización este sábado fronte a sede do PSOE en Santiago en apoio a Pedro Sánchez

Convocan mañá sábado unha concentración fronte a Casa do Pobo en Ramón Cabanillas a partir das 11.00h

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de abril de 2024 a las 17:35

Compartir

Anima á cidadanía a sumarse a un manifesto para “defender os valores do Estado de dereito” e ao Presidente do goberno “para berrar basta xa a este po de polítia do PP e da ultradereita”

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024. “Paga a pena ter un presidente que loite polas inxustizas sociais e polas persoas que precisan da política”. Con estas verbas Aitor Bouza manifestou este venres o seu apoio “absoluto e rotundo” a Pedro Sánchez logo da carta que fixo pública o pasado mércores. Bouza confirmou o respaldo do PSdeG en San ago e anunciou unha convocatoria de concentración para este sábado a partir das 11.00h fronte a Casa do Pobo en Ramón Cabanillas.

Os socialistas de Compostela promoven ademais un manifesto para “defender os valores do Estado de dereito” e ao propio Presidente, “berrando basta xa a este po de polí ca do Par do Popular e da ultradereita”. Neste sen do, Bouza arremeteu contra as “prácticas” de Núñez Feijóo, tamén en Galicia, lembrando a campaña “de acoso e derribo” ao goberno de Emilio Pérez Touriño no 2009 “chegando as descualificacións persoais ao vicepresidente con acusacións gravísimas de maltrato”.

“Pasou o tempo e vimos como ese PP de Feijóo levaba á prác ca a política máis nauseabunda e do ‘lodazal’ a España” abroncou Bouza que rou tamén de hemeroteca criticando que “o modus operandi que agora padece a muller do presidente é o mesmo que sufriu Besteiro”: “unha denuncia falsa a través dun anónimo coa complicidade dun xuíz que ten, casualmente, familiares do PP para tentar causar un dano político”.

Unhas críticas “inmorais e indecentes”

O secretario xeral dos socialistas en Santiago cuestionou tamén a actitude da oposición logo de facerse pública a carta do presidente do Goberno, tachando as críticas de “inmorais e indecentes”. Bouza insistiu en denunciar a actitude da dereita e da extrema dereita nos últimos meses, “que se dedicaron a proxectar unha imaxe do presidente como se non vera senmentos”.

Aitor Bouza abroncou tamén a actitude da secretaria xeral do PP en Galicia, Paula Prado: “debería caérselle a cara de vergonza ao falar ela de explicacións sobre casos de corrupción e saír correndo, cos audios que escoitamos todos os composteláns”. Neste sentido, o líder dos socialistas insistiu en que a actitude da dereita “o único que intenta xerar é un clima “nauseabundo” que “non se pode consentir”.

“No PP pretenden dar leccións de decencia cando teñen un líder que paseaba no barco dun narco”

“De verdade este PP nos ven a dar leccións de decencia e moralidade, cando teñen de líder a un presidente que se paseaba con un narco cando as familias choraban as mortes dos seus fillos polo narcotráfico?”, preguntouse Aitor Bouza que interpelou directamente a “todas as persoas que se senten demócratas e progresistas” convidándoos a mobilizarse fronte a “infamia das prácticas mafiosas do Partido Popular”.

Preguntado ademais pola nova executiva que o PSdeG escollerá no Congreso de este domingo, Aitor Bouza amósase confiado a que o novo proxecto liderado por José Ramón Gómez Besteiro “contará con Compostela” e saiba pilotar unha renovación que “devolva toda a ilusión ao socialismo galego”.

Insiste en que Besteiro “é o mellor líder que temos” e compromete en nome dos socialistas de Compostela o apoio para que “o día seguinte esteamos aí para arroupar e construír ese proxecto de futuro”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

concentracionPedro Sánchezpoliticapsoeradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego