ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaDestacado

Milleiros de visitantes visitan á XXIII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino

• A cita recibiu milleiros de persoas consolidándose como un evento clave en Galicia
• Belén do Campo, delegada da Xunta na Coruña, exerceu como pregoeira e destacou a importancia gastronómica, cultural e etnográfica da festa
• Miguel Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, xunto a outras autoridades, apoiaron o evento coa súa presenza
• A degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro foi un dos momentos máis saborosos da festa.
• Un milleiro de persoas participaron no xantar popular
• Os mellores exemplares de galiñas e galos piñeiros foron galardoados, destacando o criador Javier Ares.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de agosto de 2024 a las 23:29

Compartir

O Concello de O Pino celebrou con grande éxito a XXIII Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar, un evento que volveu atraer a milleiros de visitantes e consolidar a súa importancia como unha das festividades máis destacadas de Galicia. Esta celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, destacou un ano máis pola súa riqueza cultural e tradición, así como pola participación activa da comunidade local e visitantes.

As celebracións comezaron na tardiña do sábado coa espectacular exhibición de Freestyle Motocross protagonizada por Pedro Moreno e Greg Rowbottom e o emotivo concerto conxunto da Banda de Música de Arca e do grupo Ailá. Foi unha primeira xornada memorable.

Xa o domingo, O Pino converteuse nun punto de encontro para amantes da avicultura e dos cabalos. A festa permitiu aos asistentes admirar medio cento de exemplares de galos e galiñas piñeiras, criados en O Pino e noutros municipios galegos. Un galo de Javier Ares foi galardoado como o mellor exemplar, un criador que amosou o seu bo facer ao gañador en varias categorías, entre elas mellor criador e o mellor galo piñeiro ancestral.

A delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo Piñeiro, exerceu este ano de pregoeira e na súa intervención destacou a importancia desta festa “gastronómica, cultural e etnográfica”. “Somos unha comunidade unida pola tradición e polo afecto. As nosas protagonistas de hoxe son a galiña e o galo piñeiro que se converteron en símbolo deste recuncho do mundo”, engadiu Belén do Campo quen insistiu no labor conxunto do Concello, dos criadores e da veciñanza de O Pino en xeral para que “de ser unha especie en perigo de extinción pasou a ser unha garantía de calidade que transcendeu das nosas fronteiras”.

O alcalde Manuel Taboada eloxiou o agarimo amosado por Belén do Campo e deu as grazas a todos os compañeiros visitantes, a todas as persoas que traballaron para que a festa sexa un éxito, e especialmente á Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional “sen a que non sería posible que estas festas saíran adiante” así como aos criadores de cabalos.

O evento contou coa presenza de numerosas autoridades da contorna, incluíndo ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; á directora xeral de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez; aos alcaldes de Boqueixón, Frades, Oroso e Teo; así como a concelleiros de Rois e Teo e representantes do Partido Popular de Touro e Arzúa.

Premios aos mellores galos e galiñas

Ao mediodía, entregáronse os prestixiosos galardóns aos mellores exemplares de galiñas e galos piñeiros expostos en O Pino, unha raza singular para a que a Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional.

Entre os premiados, destacaron o primeiro premio para a galiña de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; de Raza Piñeira Branca para Carmen Barral; ao mellor animal monográfico para Óscar Rodríguez; ao mellor criador de Piñeira para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Branco para Óscar Rodríguez e ao mellor Calo de Curral para Carmen Barra.

Esta edición da Festa do Galo Piñeiro reafirma a importancia de preservar e promover as razas autóctonas galegas, celebrando a súa contribución ao patrimonio cultural e gastronómico da rexión.

Degustación de galo piñeiro e xantar popular

A celebración continuou coa sesión vermú, amenizada por Eme Music, que incluíu unha degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro. A continuación, o multitudinario xantar popular preparado polo Restaurante a Magdalena contou como non podía ser doutra forma co galo como un dos protagonistas do menú.
Actividades e Feira de Artesanía

A Feira de Artesanía no Camiño, celebrada na praza de Forcarei, ofreceu durante toda a xornada produtos feitos a man, talleres de demostración e actividades participativas para todas as idades. As rúas de O Pino vibraron coas actuacións da Charanga NBA, a animación da rúa co ‘Mini Festival Circense’ e ‘Hose si’ de Sempre arriba, complementadas con postos de alimentación e foodtrucks e a zona infantil.

Mostra cabalar

En paralelo á Festa do Galo Piñeiro, a tradicional Mostra Cabalar desenvolveuse ao longo de toda a xornada, congregando un cento de equinos que participaron en diversos concursos morfolóxicos. A Mostra Cabalar é unha cita indispensable para os amantes dos cabalos e a súa crianza, ofrecendo unha plataforma para exhibir a beleza e a habilidade destes animais.

A última hora da tarde, entregáronse os recoñecementos aos mellores exemplares, destacando entre eles o prestixioso Premio Faísca, outorgado ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia. O animal gañador non só recibiu este alto honor, senón que tamén será o protagonista da imaxe oficial da Mostra Cabalar 2024, un recoñecemento que subliña a súa excelencia.

A xornada culminou con probas emocionantes de arrastre e doma, seguidas dun espectacular show ecuestre a cargo de Paco Martos Horse Show. Este xinete cordobés, recoñecido polas súas extraordinarias habilidades sobre o cabalo e a súa profunda sabedoría como adestrador equino, pechou o evento con unha actuación que deixou abraiados a todos os presentes.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Mostra Cabalar volveu demostrar por que é unha das atraccións principais da Festa do Galo Piñeiro, celebrando a excelencia equina e proporcionando un día cheo de emoción e beleza para todos os asistentes.

Etiquetas

Mostra Cabalaro pinoXXIII Festa do Galo Piñeiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago