Entre os premiados, destacaron o primeiro premio para a galiña de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; de Raza Piñeira Branca para Carmen Barral; ao mellor animal monográfico para Óscar Rodríguez; ao mellor criador de Piñeira para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Branco para Óscar Rodríguez e ao mellor Calo de Curral para Carmen Barra.
Esta edición da Festa do Galo Piñeiro reafirma a importancia de preservar e promover as razas autóctonas galegas, celebrando a súa contribución ao patrimonio cultural e gastronómico da rexión.
Degustación de galo piñeiro e xantar popular
A celebración continuou coa sesión vermú, amenizada por Eme Music, que incluíu unha degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro. A continuación, o multitudinario xantar popular preparado polo Restaurante a Magdalena contou como non podía ser doutra forma co galo como un dos protagonistas do menú.
Actividades e Feira de Artesanía
A Feira de Artesanía no Camiño, celebrada na praza de Forcarei, ofreceu durante toda a xornada produtos feitos a man, talleres de demostración e actividades participativas para todas as idades. As rúas de O Pino vibraron coas actuacións da Charanga NBA, a animación da rúa co ‘Mini Festival Circense’ e ‘Hose si’ de Sempre arriba, complementadas con postos de alimentación e foodtrucks e a zona infantil.
Mostra cabalar
En paralelo á Festa do Galo Piñeiro, a tradicional Mostra Cabalar desenvolveuse ao longo de toda a xornada, congregando un cento de equinos que participaron en diversos concursos morfolóxicos. A Mostra Cabalar é unha cita indispensable para os amantes dos cabalos e a súa crianza, ofrecendo unha plataforma para exhibir a beleza e a habilidade destes animais.
A última hora da tarde, entregáronse os recoñecementos aos mellores exemplares, destacando entre eles o prestixioso Premio Faísca, outorgado ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia. O animal gañador non só recibiu este alto honor, senón que tamén será o protagonista da imaxe oficial da Mostra Cabalar 2024, un recoñecemento que subliña a súa excelencia.
A xornada culminou con probas emocionantes de arrastre e doma, seguidas dun espectacular show ecuestre a cargo de Paco Martos Horse Show. Este xinete cordobés, recoñecido polas súas extraordinarias habilidades sobre o cabalo e a súa profunda sabedoría como adestrador equino, pechou o evento con unha actuación que deixou abraiados a todos os presentes.