ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioDestacadoNoticia LíderPolítica

Milladoiro, símbolo da transformación urbana: «As obras de humanización rematan este mes»

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2025 a las 13:49

Compartir
  • O alcalde destaca o impulso ao mercado municipal de Bertamiráns, o plan de vivenda pública, a festa de fin de ano con transporte gratuíto e a aposta pola cooperación institucional. “Ames está en crecemento e queremos que ese avance beneficie a todos”, afirma.

O mes de decembro chega cargado de novidades ao Concello de Ames. O alcalde, Blas García, avanzou nunha entrevista radiofónica as principais liñas de actuación do seu goberno de cara ao 2026, cun ton optimista e cheo de proxectos concretos. Entre os anuncios máis destacados figura a celebración dunha gran festa de fin de ano en Bertamiráns, a posta en marcha do mercado municipal con función social, o reforzo da política de vivenda pública e a aprobación do orzamento máis alto da historia local.

Nadal con novidades

“Queremos un Nadal para todos os veciños e veciñas de Ames, sen necesidade de desprazarse a Santiago ou a outros concellos”, afirmou García. A iniciativa de organizar unha festa de fin de ano xurdiu, segundo explicou, da demanda dun grupo de mozos e mozas da contorna. “Propuxéronnos facer algo propio, e decidimos habilitar o pavillón de Bertamiráns con DJs, tardeo e transporte gratuíto”, relatou o alcalde. O evento contará con autobuses desde Milladoiro e as zonas rurais, ademais de barras atendidas por hostaleiros locais.

Un mercado municipal con alma social

Outro dos proxectos estrela é o mercado municipal de Bertamiráns, que contará cun investimento total de tres millóns de euros e a colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Ames. Segundo explicou o alcalde, o mercado irá acompañado dun proxecto social de formación e emprego: “As persoas que traballen nas parcelas de cultivo serán seleccionadas entre quen estea nunha situación económica difícil. Formaranse, producirán e venderán produtos de proximidade.”

O proxecto prevé o aproveitamento de catro hectáreas de terreo adxacentes ao edificio principal, co obxectivo de fomentar o consumo local e o autoabastecemento sostible. “Queremos que o mercado sexa tamén un espazo de inclusión, de vida e de economía circular”, engadiu o rexedor.

Vivenda pública e crecemento sostido

A vivenda é outro dos eixos estratéxicos do mandato. “Somos o concello que máis parcelas cedeu á Xunta de Galicia, seis en total, para construír máis de 220 vivendas públicas no Milladoiro”, destacou Blas García. Ademais, avanzou que o Concello licitará en breve cinco parcelas municipais en Bertamiráns para promover vivenda privada e pública, co fin de ampliar a oferta e conter os prezos.

“Queremos que Ames siga crecendo, pero cun modelo equilibrado. Canta máis vivenda haxa, máis se abaratan os prezos e máis xente pode acceder a un fogar digno”, subliñou o alcalde.

Tamén anunciou unha posible colaboración coa Xunta para desenvolver un proxecto innovador de convivencia interxeracional entre mocidade e persoas maiores: “Temos unha idea moi bonita que mistura xente nova con maiores que viven soas. Quero falar co presidente da Xunta para levala adiante”, apuntou.

Orzamento histórico e novas infraestruturas

O Concello de Ames aprobará a principios de 2026 o orzamento máis elevado da súa historia, que superará amplamente os 33 millóns de euros. García asegurou que este incremento permitirá reforzar o gasto social, as infraestruturas deportivas e as políticas de vivenda e mobilidade.

“Temos as contas equilibradas e unha previsión de ingresos sólida. O ano pasado non puidemos aprobar orzamentos polo déficit do lixo, pero agora ese problema está resolto”, explicou. O novo orzamento incluirá tamén investimentos en aparcamentos, mellora de instalacións deportivas e cubrición de canchas no Milladoiro, co obxectivo de ampliar o uso social e xuvenil dos espazos públicos.

“O 2026 será un ano clave para consolidar proxectos e mellorar a calidade de vida da veciñanza”, afirmou.

Colaboración institucional e aposta pola Mancomunidade

No eido da xestión de residuos, Blas García defendeu a continuidade e participación activa de Ames na Mancomunidade da Serra do Barbanza. O concello pasará de ser cliente a socio de pleno dereito, co 40% do peso de decisión.

“Apostamos por mancomunar servizos, non por fusionar concellos. A cooperación permite abaratar custos e mellorar o servizo. Queremos preservar os 130 postos de traballo e modernizar todo o sistema de recollida de lixo”, asegurou o alcalde.

Doutra banda, o rexedor tamén se referiu á situación da Policía Local de Santiago, afectada por conflitos laborais, e ofreceu a colaboración do Concello de Ames para compartir o seu modelo organizativo. “Se en Santiago queren un convenio colectivo como o que temos en Ames, non hai ningún problema en trasladarllo”, afirmou o alcalde, destacando o bo funcionamento da súa RPT e a modificación do convenio colectivo realizada recentemente e que «queren os policias e bombeiros de Santiago», confesou. “Poden chamarnos cando queiran: o noso concelleiro de Persoal fixo un traballo excelente e estamos dispostos a axudar”, engadiu, subliñando que o exemplo de Ames podería servir de referencia para outros concellos na xestión do persoal policial.

Milladoiro, símbolo da transformación urbana

Ao rematar a entrevista, García confirmou que a obra de humanización de Milladoiro quedará concluída antes de rematar o ano. “Agora mesmo estase asfaltando, pintando e colocando o arbolado. A final de decembro estará recepcionada. Dentro dun ano, veremos outro Milladoiro distinto”, prometeu.

O alcalde rematou a súa intervención cun ton esperanzado: “Ames está nun momento de crecemento e queremos que ese avance beneficie a todos. Facémolo con ilusión, con diálogo e pensando sempre na veciñanza.”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

amesbertamiransblas garciamilladoiropolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo