ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

María Neira Barreiro, veciña de Valga, cumpre 100 anos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de abril de 2024 a las 16:00

Compartir

 

 

Bello Maneiro e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo agasallárona cunha placa conmemorativa e un ramo de rosas

É a sexta veciña de Valga que supera o século de vida, todas elas mulleres

María Neira Barreiro, veciña de Louro (Setecoros) celebra hoxe un aniversario moi especial, o número 100, motivo polo que esta mañá recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, para felicitala en nome de todos os valgueses. O rexedor acudiu ao seu domicilio acompañado polos concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo, e agasallou á nova centenaria cunha placa conmemorativa que tiña gravada a lenda: “O Concello de Valga a María Neira Barreiro no día que cumpre os 100 anos”. Como é habitual cada vez que un veciño chega ao século de vida, tamén lle regalaron un ramo de flores e unha torta na que apagar as candeas.

Maruja, á que Bello Maneiro se referiu como “un exemplo de forza e valentía”, naceu en Louro e sempre traballou no campo, na casa e criando aos sete fillos que tivo. Tamén ten 14 netos e outros tantos bisnetos. Esta muller chea de enerxía sempre foi feliz traballando, explican os seus achegados. Coidar dos animais, facer as tarefas do fogar e do campo, dobrar trapos… gustáballe estar activa e, moitas veces, aínda di: “Quen me dera poder ir ao toxo”.

Agora o que prefire é a tranquilidade. “Agracede moito as visitas”, pero sen aglomeracións nin ruído, por iso a celebración do seu centenario vai a ser sinxela e acompañada polos máis achegados.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

María Neira é a sexta muller máis lonxeva de Valga, despois de María Tarrío, de Eiras (101 anos); Manuela Duro, de Casal de Eirigo; Concepción Jamardo, do Sixto; Dolores Benilde Castaño; de Laxes e Manuela Eiras, de Ferreirós, as catro con 100 anos.

Etiquetas

centenarioradio lider santiagosociedadevalga
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.