ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

Manuel López Rodríguez gaña o XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2023 a las 15:50

Compartir
  • O xurado destacou da obra gañadora, “As palabras do sur”, “a consistencia e complexidade do proxecto que respecta a cada poema en particular”

Dodro, 18 de novembro do 2023.- O xurado do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello de Dodro, decretou como gañador ao poeta Manuel López Rodríguez coa obra “Palabras do sur”.

O xurado elixiu o traballo de Manuel López Rodríguez entre os corenta poemarios presentados ao concurso. O xuíces destacaron “Palabras do sur” pola consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura “Estas varias capas de lectura están, ademais, avaladas por unha pluralidade de recursos que consegue crear unha atmosfera coherente ao longo de toda a obra”.

Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Elvira Ribeiro e formaron parte do xurado as escritoras Chus Nogueira, Lorena Souto e Brenda Mondelo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez.

O gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, naceu en Noia e comezou a escribir poesía con dezaseis anos. Foi cofundador do «Colectivo Literario Sacou», da Asociación Cultural Éteatro e da Asociación Audiovisual Paradiso. Ten publicadas numerosas obras como: «Antítese nativa» en Acha Escrava, «Rompe» en Urutau Editora, «Desde onde non nace» e «Vangarda ule» en Medulia Editorial, «Nas pulsacións» en Espiral Maior, «Para que non me esqueza» en Edicións Fervenza, «Baixo terra. No ar» en Xerais, «O cemiterio. A néboa» en Edicións Fervenza, «A flor da letra (Estampa de lectura con percusión, para nenos e nenas) en Edicións Embora, «Neste mesmo intre» pola Deputación da Coruña e «Cruceiro» na Editorial Caldeirón.

Ao longo da súa traxectoria literaria recibiu, entre outros, os seguintes galardóns: XIV Premio de poesía Suso Vaamonde, Premio López Ardeiro de Poesía (2019), II Premio de Poesía Eduardo Pondal, Premio de poesía Concello de Carral (2020), Premio de poesía Avelina Valladares (2021, 2022 e 2023), XXVI Certame de Poesía Francisco Añón e o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O acto oficial de entrega do certame terá lugar o vindeiro, 9 de decembro, no CPI de Dodro. “As palabras do sur” de Manuel López Rodríguez será publicada no ano 2024, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Etiquetas

culturadodropoesia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo
Destacado

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”