ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Máis de 600 persoas participaron na Festa e Concurso de Disfraces de Frades

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de marzo de 2025 a las 19:57

Compartir
  • As familias das tres Casas Niño do municipio levaron o primeiro premio do Concurso de Disfraces deste ano

3 de marzo de 2025.- Máis de seiscentas persoas encheron na tarde/noite de onte domingo o pavillón polideportivo de Ponte Carreira durante a Festa e o Concurso de Disfraces do Concello de Frades. As persoas asistentes desfrutaron de inchables, obradoiros de maquillaxe, un concorrido fotomatón de Entroido e animación musical, coa aparición especial de Patricio, compañeiro de Bob Esponja, con quen toda a rapazada quixo facerse fotos. A maiores, o Concello de Frades convidou aos presentes a chocolate quente con rosca. E, unha vez rematada a entrega de premios do Concurso de Disfraces, todas as crianzas levaron cadansúa bolsa de lambonadas para a casa.

No que atinxe ao Concurso de Disfraces, repartíronse 1.200 euros en premios entre a vintena participantes nas distintas categorías. O gran premio da noite, os 300 euros do primeiro premio da categoría xeral grupo foi para a comparsa local “O mar de Frades”, unha selección de personaxes marítimos de Disney (Nemo, a sirenita…) que baixo os acorde de “Bajo el mar” interpretaron as quince familias das tres casas niño do municipio (Axóuxere, Xoaniña e Garatuxa). O segundo premio tamén quedou na casa, cunha espectacular representación de “Aladdin” por parte dun grupo de veciños de Ponte Carreira, que levaron 150 euros de premio. Completou o podio a comparsa “Os alienígenas”, con 75 euros.

O Concello de Frades entregou tamén tres premios especiais a tres grupos locais: “Os cazafantasmas”, “Medusas do Mesón” é “Feira de Abril”, de 125, 75 e 50 euros, respectivamente. A categoría adultos completouse cos premios individuais a “Pedro Picapiedra” e “Furby”, que levaron 100 e 50 euros.

Reciclaxe infantil

Finalmente, na categoría grupo infantil os tres premios quedaron en Frades. O primeiro premio de 100 euros foi para “Recíclate”, un fermoso e orixinal desfile de disfraces elaborados con material de reciclaxe: 173 bolsas do lixo, 16 envases de patacas fritidas, 262 globos usados, 63 pezas de Lego e 15 metros da cortina da casa da avoa para o decorado, como ben lembraron os catro cativos do CPI de Ponte Carreira. Completaron os premios da categoría infantil de grupo unha recreación de Mazinger Z e o baile de “As trillizas de Frades, grupo pop”, con 60 e 30 euros. Na categoría individual, premios para “O vátermóbil” e “Unha serea trae a súa maxia a Frades”, que levaron 60 e 30 euros, respectivamente.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os premios foron entregados polo alcalde de Frades, Roberto Rey, quen estivo acompañado polos concelleiros de Cultura Manuel Ferreiro, integrante do xurado, e Mocidade, Juan Carlos Portos, e Turismo, Jesús Francos.

Etiquetas

entroidofrades
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
Deportes

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera
Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón
Comarca

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa
Comarca

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa