Luis Penido anuncia que non competirá polo Europeo de montaña en 2026
Luis, xunto co seu equipo, toma a decisión tras non acadar os apoios económicos necesarios para afrontar este novo reto con garantías.
Líder Redacción
10 de marzo de 2026 a las 12:07
«Moi ao noso pesar, esta tempada 2026 non poderemos pelexar por revalidar o título europeo de montaña que acadamos o ano pasado. Fixemos todo o posible, pero o noso futuro vese condicionado polas circunstancias e a falta de suficientes apoios para afrontar este reto».
A calificación como Deportista de Alto Nivel, polo Consello Superior de Deportes, tampouco se monetiza a curto prazo e non se pode afrontar un reto deste calibre con tanta incertidume. Enfrontarse a equipos profesionáis sin un apoio claro e con suficiente antelación para planificar a loxística de dez probas en dez países diferentes de Europa, sería demasiado arriscado para o noso clube.
Seguiremos abertos a explorar novos retos deportivos no horizonte coa lección aprendida de con quén non podemos contar.



