ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

Penido afronta en Chequia unha das citas máis esixentes do Europeo de Montaña

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2026 a las 15:27

Compartir
  • O piloto compostelán lidera o Grupo 5 do FIA EHC e regresa á rampa onde fixo o récord da categoría en 2025.

Tras un arranque de tempada impecable, Luis Penido e o seu equipo diríxense á República Checa para disputar, este próximo fin de semana (6-7 de xuño) a 44ª edición da subida Ecce Homo Šternberk, cuarta cita puntuable do Campionato de Europa de Montaña da FIA (EHC). O piloto galego acude defendendo a súa condición de líder provisional do Grupo 5.

O desafío técnico será máximo. O mítico trazado checo conta cunha lonxitude de 7.800 metros, unha anchura mínima de 7 metros e un desnivel de 307 metros, caracterizándose por ser unha das rampas máis rápidas e esixentes de todo o certame continental.

Esta tempada, o Grupo 5 consolidouse como un dos grupos máis espectaculares e con máis participantes do campionato continental. Lonxe de ser un trámite, a grella presenta unha competitividade feroz debido ao elevado número e a calidade dos competidores, congregando aos mellores especialistas e campións vixentes de cada país. Šternberk trae bos recordos para a estrutura galega. En 2025, Penido non só logrou a vitoria ao mando do Renault Clio RS Cup Evo, senón que batíu o récord histórico do Grupo 5. Non obstante, revalidar o triunfo esixirá a máxima concentración. O seu principal rival volverá a ser o veloz piloto local, Bejda, con quen mantén unha intensa rivalidade nos postos altos da clasificación xeral do campionato. O precedente máis directo vivíuse na Rampa da Falperra (Portugal), onde Penido adxudicouse a vitoria por unha diferenza mínima de só 1 segundo e 19 milésimas fronte ao checo. Pero, seguramente, haberá tamén outros invitados a loitar polos postos de podio entre os 11 pilotos do grupo.

«Voltamos a un circuíto que nos fascina e onde logramos o récord o ano pasado. Chegamos ao fronte da clasificación, pero o nivel deste ano no Grupo 5 é incrible; están os mellores de cada país. Bejda corre en casa, coñece cada milímetro dos 7,8 quilómetros e conta cunha gran montura. Saldaremos a por todas desde a primeira manga».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As mangas de adestramentos oficiais comezarán o sábado, dando paso o domingo ás dúas subidas de carreira definitivas. Os tempos en vivo poderanse seguir a través da plataforma oficial de FIA Hillclimb Chronomoto.

Etiquetas

luis penidomotorrally
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Luis Penido conquista Falperra y consolida su liderato europeo en el Grupo 5
Deportes

Luis Penido conquista Falperra y consolida su liderato europeo en el Grupo 5

Luis Penido logra un brillante podio en la Subida Internacional al Fito del Europeo FIA
Deportes

Luis Penido logra un brillante podio en la Subida Internacional al Fito del Europeo FIA

Luis Penido afronta o desafío do Fito no Europeo de Montaña
Deportes

Luis Penido afronta o desafío do Fito no Europeo de Montaña

Remontada de Penido que o deixa ás portas do pódium en Austria
Deportes

Remontada de Penido que o deixa ás portas do pódium en Austria