ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Lousame conmemora o 25N cunha concorrida concentración na praza Teodomiro Hidalgo

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de noviembre de 2023 a las 12:11

Compartir
  • Teresa Villaverde presidiu un acto no que tomaron a palabra o alumnado do CPI Cernadas de Castro, membros da Asociación Misela, maiores dos Obradoiros de Memoria e representantes municipais

24 de novembro de 2023.- O Concello de Lousame conmemorou este mediodía o DíaInternacional contra a violencia de xénero cunha masiva concentración na praza Teodomiro Hidalgo na que participaron alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro, integrantes dos Obradoiros da Memoria de Lousame, membros da asociación A Misela, traballadores municipais e representantes dos distintos partidos políticos municipais.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional no que asegurou que “dende o Concello de Lousame seguimos acentuando o noso compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero. A violencia exercida contra a muller non é un problema alleo ás nosas vidas, é unha demostración indigna e impropia do ser humano que se reproduce a nivel mundial”.

Neste sentido, asegurou que “estamos a carón das vítimas impulsando accións como a pertenza deste concello á Rede de Entidades Locais que loitan contra a violencia sobre as mulleres e a coordinación con outras institucións e entidades a través da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, a primeira que se constituíu na nosa comarca”. Así recordou a importancia de que “a veciñanza mostre o seu apoio ás vítimas da violencia de calquera índole. Non estamos ante un problema do ámbito privado, estamos ante un problema social”.

Campaña “Voces de Lousame contra a violencia de xénero”

Acto seguido, a rapazada do CPI Cernadas de Castro procedeu a dar lectura a algúns escritos e lendas sobre a violencia contra a muller baixo a lenda da campaña “Voces de Lousame contra a violencia de xénero”, organizada polo Concello de Lousame para conmemorar o 25 de novembro e financiada con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así, a rapazada deu lectura a frases en mostra do seu rexeitamento da violencia sobre as mulleres comezando coa lenda: “Eu quero que…”. O seu relevo foi collido por un grupo de persoas da asociación A Misela, que tamén deron lectura ás súas propostas e por unha representación do alumnado dos Obradoiros de Memoria de Lousame. Pecharon o acto as intervencións das dúas voluntarias europeas, as turcas Emine Kara e Yasemin Tekiner; así como de Arturo Barreiro e Ramón Martínez, en representacións dos empregados municipais e os representantes políticos.

Etiquetas

25Nlousame
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O alcalde de Lousame suprime as achegas aos grupos políticos
Comarca

O alcalde de Lousame suprime as achegas aos grupos políticos

O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N
Actualidad

O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N

PPdG condena os “intolerables” insultos e presións contra traballadoras do PP e contra o director de Radio Líder Santiago
Destacado

PPdG condena os “intolerables” insultos e presións contra traballadoras do PP e contra o director de Radio Líder Santiago

UCIN denuncia a presión da CIG a traballadoras do PP e a un xornalista de Radio Líder Santiago
Actualidad

UCIN denuncia a presión da CIG a traballadoras do PP e a un xornalista de Radio Líder Santiago