ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaComercioDestacadoNoticia LíderPolíticaSociedad

Cervecería Delicias en Carballo cumpre un ano: agora con novo prato estrela, o cachopo

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de febrero de 2025 a las 19:48

Compartir

Iris Brandón: “O éxito non é só a comida, senón o ambiente que creamos”

No corazón do Centro Comercial Bergantiños, en Carballo, a Cervecería Delicias converteuse nunha referencia para os amantes dos bos almorzos, as tapas e as hamburguesas especiais. O establecemento, que naceu coa intención de ofrecer un servizo de calidade e un ambiente acolledor, está a piques de cumprir o seu primeiro ano de vida. Para celebralo, a súa propietaria, Iris Brandón, anuncia unha sorpresa especial: “O xoves teremos algún que outro sorteo para os nosos clientes, así que estade atentos”.

Desde primeira hora da mañá, Delicias recibe clientes que buscan un almorzo caseiro e contundente. Entre os máis demandados está a súa tortilla feita ao momento, que non falta na carta: “As nove da mañá xa hai quen pide o seu café co pinchiño de tortilla”, comenta Iris. Ademais, engadiu recentemente combos de almorzo para que os clientes teñan máis opcións a prezos accesibles: “Incluímos tortilla con café, tostada con café ou bollería con café, sempre buscando algo económico pero de calidade”.

A demanda da tortilla é tan alta que, en moitas ocasións, teñen que preparar outra xa a media mañá. “A veces a mediodía xa estamos facendo outra porque voa”, explica entre risas.

O local tamén destaca polas súas propostas gastronómicas ao longo do día. Ademais de tapas e racións, un dos novos pratos estrela é o cachopo ademais do raxo de porco con salsa de champiñón, que, segundo a propia Iris, é un éxito asegurado. “Cando dicimos cachopo, dicimos cachopo, de dimensións considerables”, apunta con humor. Xunto a el, destacan o raxo de polo, os bocadillos de milanesa de polo, o clásico pepito de tenreira e a exitosa hamburguesa La Deliciosa. 

A pesar do éxito, Iris Brandón recoñece que xestionar un establecemento hostaleiro non é tarefa fácil. “Inflúe moito a sorte, pero o esforzo é primordial. Se tes ganas e positividade, iso contáxiase á clientela”, afirma.

Ademais de apostar por un produto de calidade, Brandón considera que a clave está no trato ao cliente. “Podes ter a mellor comida, pero se a atención non é boa, a experiencia non é a mesma. Intentamos que a xente se sinta ben atendida e que marche con unha boa impresión”. Esa filosofía é, segundo a hostaleira, o que fai que moitos clientes volvan unha e outra vez ao seu local.

Un aniversario con sorpresas

Co primeiro aniversario do establecemento, Iris e o seu equipo queren agradecer o apoio dos seus clientes. “O xoves estaremos de celebración e haberá algunha sorpresa e sorteos”, adianta. A festa coincide cunha visita especial de Radio Líder.

Cervecería Delicias segue consolidándose como un referente en Carballo, demostrando que unha boa combinación de comida caseira, innovación e un trato próximo é a mellor receita para o éxito.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

carballoEntrevistalas deliciasradio lider
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos
Actualidad

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, convidado este martes nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos