ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Juan José Bodelo, Cristian Lapido e Vicente Alló Núñez, gañadores da XVIII Carreira do Pavo

O gañador da proba foi Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano (que quedou na segunda posición en 2024); mentres que na segunda e terceira posición quedaron  Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de diciembre de 2025 a las 21:39

Compartir

Ademais, ao comezo das voltas 5, 10, 15 e 20 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Juan José Bodelo; Delio Fernandez; Cristian Lapido; e Javi Iglesias

Ames, 22 de decembro de 2025.- A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 21 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano; Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino; ocuparon os tres chanzos do podio. Nesta proba participaron 62 ciclistas. Antes da carreira, houbo xincanas ciclistas nas que participaron diversos nenos e nenas. Ditas xincanas estiveron organizadas polo persoal da Escola de ciclismo Velostar. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 5, 10, 15 e 20, e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.

Máis de 60 ciclistas participaron este domingo na XVIII Carreira Ciclista do Pavo. Os participantes tiveron que dar 30 voltas ao circuíto, duns 1.100 metros de lonxitude, polas inmediacións do paseo fluvial de Bertamiráns. Como en edicións anteriores os participantes percorreron un circuíto pechado entre a avenida da Maía, a rúa das Pesqueiras, a rúa Entrerríos, o camiño de Paraxó e a estrada de Lapido.

O gañador da proba foi Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano (que quedou na segunda posición en 2024); mentres que na segunda e terceira posición quedaron  Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino.

Ademais, ao comezo das voltas 5, 10, 15 e 20 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Juan José Bodelo; Delio Fernandez; Cristian Lapido; e Javi Iglesias.

Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregaron ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.

Ademais, durante a xornada, fíxose unha homenaxe aos ciclistas galegos Delio Fernández e Samuel Blanco, xa retirados do ciclismo profesional. Ambos compartiron equipo no Sporting-Tavira portugués, conxunto que compite na categoría continental da Unión Ciclista Internacional (UCI).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as do grupo de goberno, así como representantes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego de Ames.

Etiquetas

amescarreira do pavodeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación