O gañador da proba foi Juan José Bodelo, do Club Ciclista Compostelano (que quedou na segunda posición en 2024); mentres que na segunda e terceira posición quedaron Cristian Lapido, do Club Ciclista Vigués; e Vicente Alló Núñez, do Club Ciclista Chantadino.
Ademais, ao comezo das voltas 5, 10, 15 e 20 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Juan José Bodelo; Delio Fernandez; Cristian Lapido; e Javi Iglesias.
Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregaron ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.
Ademais, durante a xornada, fíxose unha homenaxe aos ciclistas galegos Delio Fernández e Samuel Blanco, xa retirados do ciclismo profesional. Ambos compartiron equipo no Sporting-Tavira portugués, conxunto que compite na categoría continental da Unión Ciclista Internacional (UCI).