ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoNoticia Líder

José Ramón Romero: “Boiro ten servizos dunha gran cidade e calidade de vida dun pobo”

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de mayo de 2026 a las 22:34

Compartir
  • O rexedor destaca a aprobación inicial dos orzamentos de 2026, a aposta pola vivenda, o crecemento empresarial e os proxectos estratéxicos que marcarán o futuro do municipio.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo balance da situación actual do municipio nunha entrevista radiofónica na que repasou os principais proxectos impulsados polo goberno local, cun protagonismo especial para os orzamentos de 2026, a creación de vivenda, o emprego e os plans de futuro para o concello.

Romero confirmou a aprobación inicial dun orzamento municipal de “19.136.000 euros”, unhas contas que, segundo explicou, permitirán “cubrir todos os gastos do Concello, desde persoal e servizos ata investimentos”. O rexedor destacou especialmente a partida destinada a investimentos, que supera os 1,6 millóns de euros, así como a redución da débeda municipal. “Cando entramos no Goberno no ano 2019 a débeda viva era do 42% e nestes sete anos reducírona ata o 16%”, destacou.

O alcalde defendeu a xestión económica do executivo local asegurando que se trata duns “orzamentos reais e obxectivos” que acompañan “o crecemento exponencial” que, ao seu xuízo, está experimentando Boiro nos últimos anos.

Romero insistiu en que o goberno municipal mantén intacta a súa “folla de ruta” marcada na denominada Axenda 2030, un proxecto político deseñado “a tres lexislaturas” co obxectivo de transformar o municipio a longo prazo. “Non queriamos facer promesas imposibles a catro anos. Queríamos un proxecto realista para Boiro e iso necesita tempo”, afirmou.

Entre os logros máis destacados do actual mandato, o alcalde sinalou o dinamismo económico do municipio, o incremento empresarial e as políticas de vivenda. “Todo o noso proxecto pivota sobre tres piares: creación de emprego, creación de empresas e vivenda”, resumiu.

Neste sentido, lembrou que Boiro foi o concello do Barbanza no que máis empresas se crearon durante o último ano e destacou o avance do gran proxecto urbanístico da franxa litoral, que contempla a construción de 902 vivendas, das cales 188 serán de protección oficial. “É un dato moi relevante que hai que recalcar”, apuntou.

O rexedor tamén repasou os traballos de rehabilitación do Pazo de Goiáns e das súas dependencias anexas. Segundo explicou, o Concello segue avanzando na recuperación integral do complexo patrimonial mediante novos investimentos e subvencións solicitadas á Deputación da Coruña. “Cando chegamos ao goberno atopamos un pazo que estaba a piques de caer e levamos sete anos traballando intensamente para recuperalo”, lembrou.

Outro dos asuntos abordados durante a entrevista foi o convenio coa Fundación ONCE, centrado en políticas de inclusión laboral, formación e accesibilidade universal. Romero explicou que o Concello xa está a desenvolver accións concretas derivadas dese acordo.

No ámbito laboral, o alcalde puxo en valor o éxito da terceira Feira de Emprego de Boiro, que contou coa participación de empresas da comarca e tamén da área de Santiago. “Foi un éxito tanto pola asistencia de empresas como de demandantes de emprego”, asegurou.

Ademais, avanzou que nos próximos meses volverán poñerse en marcha novos obradoiros de emprego nas especialidades de forestal e carpintería, dirixidos a vinte persoas desempregadas.

Romero tamén fixo referencia ás actividades culturais e á preparación da tempada estival, coa organización do Día das Letras Galegas no Pazo de Goiáns e a coordinación dos distintos departamentos municipais para acondicionar praias e servizos turísticos de cara ao verán.

Xa en clave política, o alcalde recoñeceu abertamente que o goberno local está “en modo electoral” a un ano das municipais e asegurou que continuará percorrendo as parroquias co formato “Café co alcalde” para manter contacto directo coa veciñanza. “O importante dun político é escoitar aos veciños e poñer en marcha as súas inquedanzas”, sinalou.

Finalmente, José Ramón Romero admitiu que o seu obxectivo é lograr unha maioría absoluta nos próximos comicios. “Traballamos para ter maioría absoluta porque a forma de traballar é totalmente diferente”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcalde de boiroboiropolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo