ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Investigadores galegos avanzan na mellora xenética do castiñeiro galego

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 09:23

Compartir
Imaxe de portada: Beatriz Míguez Soto, bióloga do Centro de Investigación Forestal de Lourizán
  • Será o tema da conferencia deste luns das xornadas Luis Asorey, promovidas pola Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo
  • Beatriz Míguez, bióloga do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ofrecerá a charla na Deputación ás 19:00 horas

Santiago de Compostela-Lugo, 17 de novembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, teñen en marcha as “XXXIV Xornadas Luis Asorey”. Baixo o título “Os soutos de castiñeiros: ecosistemas multifuncionais”, estanse a celebrar unha serie de conferencias gratuítas no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. Tamén poden seguirse a través da canle de Youtube da RAGC. As xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

A conferencia do vindeiro luns, 20 de novembro, tratará sobre o material vexetal na produción de castaña, en particular sobre a aplicación do Programa de Mellora Xenética do Castiñeiro. Impartiraa Beatriz Míguez Soto, bióloga do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Consellería do Medio Rural.

A experta salienta que “o Centro de Investigación Forestal de Lourizán dispón de importantes coleccións de xermoplasma de castiñeiro, froito de décadas de traballo de prospección, caracterización, selección e conservación de material. Nos últimos anos fíxose un grande esforzo en caracterizar material relevante na produción de castaña, co fin de mellorar a produtividade, a calidade do produto e a tolerancia a pragas e enfermidades”. A investigadora indica que todas estas coleccións son fundamentais para o progreso do Programa de Mellora Xenética do Castiñeiro, xa que permitirán obter novos materiais máis resistentes a enfermidades e con mellor adaptación climática, ao tempo que aportarán un maior coñecemento das nosas variedades tradicionais para seguir achegando información relevante en relación ás recomendacións do seu uso.

Beatriz Míguez explica que o Programa de Mellora Xenética Forestal do Castiñeiro para Galicia iniciouse no Centro de Investigación Forestal de Lourizán no ano 2010, deseñándose distintos tipos de cruzamentos controlados. En 2015, ante a necesidade de obter novos portaenxertos híbridos resistentes á tinta e ademais cun maior rango de adaptación climática ao frío e á seca, deseñouse unha nova liña de cruzamentos controlados. Como resultado, obtivéronse máis de 200 xenotipos de diferentes familias. “A importancia deste material radica en que os clons obtidos son híbridos cun 75% de Castanea Sativa -variedade autóctona do castiñeiro europeo- e só un 25% de castiñeiro xaponés (Castanea Crenata), empregándose por primeira vez no cultivo da castaña en Galicia” -destaca-.

Importantes avances na loita contra o cancro do castiñeiro

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outro lado, no centro de Lourizán levouse a cabo un ensaio para determinar a tolerancia destes materiais á enfermidade do cancro, unha enfermidade fúnxica grave que afecta aos castiñeiros. “Aínda que non se detectaron resistencias, determináronse diferenzas significativas en canto á supervivencia e progresión do fungo entre os novos clons avaliados. Trátase dun resultado moi relevante, tendo en conta a expansión da enfermidade e a dificultade do seu control” -indica a investigadora-. O Centro de Investigación Forestal de Lourizán incorporou nos últimos tempos 23 variedades tradicionais de castaña no Rexistro de Variedades Comerciais.

Etiquetas

castiñeirogalicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia