ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Intervento gaña o Concurso Internacional de Iluminación da Contorna da Catedral de Santiago

O xurado internacional do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de Santiago de Compostela acordou por unanimidade seleccionar como proposta gañadora o anteproxecto presentado baixo o lema “Hermes”, que acadou a maior puntuación global na fase final.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de febrero de 2026 a las 11:36

Compartir

A decisión foi adoptada na reunión celebrada o pasado 3 de febreiro, na que o xurado avaliou os tres anteproxectos finalistas de acordo cos criterios establecidos nas bases do concurso: valor e calidade do deseño lumínico, viabilidade técnica e económica, e protección do medio ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, e publicada esta mañá na Plataforma de Contratación do Sector Público, seguindo os requirimentos legais previstos no concurso.

Aberto o sobre coa documentación administrativa, o devandito lema corresponde ao estudo Intervento, que será o encargado de redactar o proxecto executivo e asumir a dirección facultativa da obra piloto de iluminación da Praza de Praterías. Unha actuación concibida como banco de probas para a futura implantación progresiva no conxunto da contorna catedralicia, incluíndo as prazas do Obradoiro, Quintana e Inmaculada, así como os espazos de conexión entre elas.

A proposta mellor valorada polo xurado

O anteproxecto “Hermes” (Intervento) acadou unha puntuación total de 95 puntos sobre 100, fronte aos 65 puntos obtidos polas outras dúas propostas finalistas. De xeito desagregado, en canto ao valor e a calidade do deseño lumínico, a proposta gañadora recibiu un total de 45 sobre 50 puntos posibles e, nos eidos da avaliación técnica e económica, por unha banda, e da protección do medio ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, por outra, obtivo a máxima puntuación en ambos: 25 sobre 25.

Segundo recolle a acta, “o anteproxecto ofrece unha análise moi precisa da arquitectura e contorna urbana e histórica do ámbito de actuación”. O xurado destacou que a proposta presenta un deseño lumínico que posúe “claridade e integridade, e propón unha imaxe equilibrada da paisaxe nocturna evitando a homoxeneización da mesma mediante a xerarquización da iluminación, utilizando gradientes e contrastes que poñen en valor a arquitectura sen deformala”.

Así mesmo, na resolución final valórase especialmente o uso intelixente da penumbra e dos contrastes de claroscuros, non só na iluminación ornamental dos monumentos, senón tamén nos percorridos polo espazo público circundante, dotando de coherencia á solución presentada.

Máximo respecto polo patrimonio catedralicio

Un dos aspectos considerados determinantes foi a estratexia de mínima intervención sobre o patrimonio. A acta sinala de maneira expresa que “Hermes” é a única das propostas que resolve a iluminación ornamental do conxunto da catedral sen situar novas instalacións sobre as cubertas de pedra, recentemente rehabilitadas na súa integridade.

Neste sentido, o xurado subliña que o proxecto “garante a conservación dos valores culturais da catedral no seu conxunto, incluídas as cubertas”, que forman parte do itinerario de visitas e gozan da máxima protección como Ben de Interese Cultural.

Viabilidade técnica, económica e sostibilidade

No plano técnico e económico, o xurado concluíu que a proposta é “tecnicamente moi completa”, destacando a precisión nos cálculos, os niveis de iluminación e as temperaturas de cor, consideradas “ben elixidas”.

A utilización de luminarias de diferentes marcas comerciais foi tamén avaliada positivamente, xa que “favorece a sostibilidade económica da proposta e incluso o seu mantemento a longo prazo”. O orzamento presentado inclúe todas as fases da intervención —desmontaxe, instalación e probas— e considérase axustado e viable, permitindo “garantir a calidade da execución”.

No ámbito ambiental, a proposta articúlase arredor do criterio de “integración e mínima intervención”, cun control preciso dos feixes de luz, destinado a evitar deslumbramentos e reducir a contaminación lumínica, preservando a escuridade desexada do firmamento e da paisaxe nocturna. O xurado salienta que o proxecto cuantifica un aforro enerxético aproximado do 68 % respecto ao consumo actual, actuando, ademais, en edificios que carecían até agora de iluminación ornamental.

Alta calidade e adecuación dos proxectos finalistas

Xunto coa proposta gañadora, o xurado salientou a calidade dos outros dous anteproxectos finalistas. Neste sentido, “Shh… See the silence” —correspondente ao estudo finés Valoa Design— foi valorado pola súa coherencia conceptual e polo uso da luz e da penumbra acorde coa atmosfera espiritual do ámbito e, “Ad Maiora Semper” (lema de detrás do cal estaba un equipo encabezado por Pietro Maria Castiglione, a.k.a Piero), resultou recoñecido, entre outros aspectos, polo seu exhaustivo traballo de análise histórica e urbana e o alto grao de desenvolvemento da proposta técnica e económica.

No marco do Plan de Sostibilidade Turística de Santiago

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concurso Internacional de Iluminación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística de Santiago (PSTD), promovido polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, cun investimento total de 3 millóns de euros para proxectos de transformación sostible. A iniciativa constitúe unha das actuacións centrais do Plan e supón unha aposta pola innovación aplicada ao patrimonio, aliñada cun modelo de destino turístico máis sostible e respectuoso coa cidade histórica. A asistencia técnica e coordinación do concurso correu a cargo da empresa compostelá TRIVIUM.

Etiquetas

catedral de santiagoInterventoSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago