ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducaciónSociedad

II Xornada de Emerxencias e Seguridade en Teo con talleres, xincanas e xogos para a cativada

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de junio de 2024 a las 15:45

Compartir
  • Terá lugar o vindeiro sábado, 22 de xuño, na explanada da Casa Común de Teo
  • Participarán numerosos efectivos locais, autonómicos, estatais e internacionais con simulacros e demostración de equipamentos
  • Haberá talleres, xincanas e diversos xogos para a cativada

Teo (A Coruña), 14 de xuño de 2024.- O vindeiro sábado, 22 de xuño, o concello de Teo celebrará a II Xornada de Emerxencias e Seguridade, onde haberá diversas demostracións de equipos e corpos de emerxencia na que se simularán diversos desastres e incidencias para dar conta da capacidade de intervención dos medios locais, en coordinación cos autonómicos, estatais e internacionais. Esta xornada está organizada polo propio Concello e a empresa especializada Fuego y Mar.

Así, na explanada da Casa Común de Oza haberá de forma ininterrumpida varios talleres, xincanas, xogos e demostración de medios para todo o público, con especial consideración para a cativada. Alí poderán coñecer de primeira man o seu traballo e os medios técnicos que empregan para desenvolvelo.

Neste senso, as actividades programadas dividiranse en catro categorías. Por unha banda, a de Forzas e Corpos de Seguridade, onde estarán presentes membros da Policía Local de Teo, a Policía Nacional e Autonómica, así como efectivos da Garda Civil, da Garda Nacional Republicana de Portugal, da Gendarmería Nacional Francesa e os militares do Tercio Norte de Ferrol. Nun segundo grupo, os asistentes poderán descubrir o gran labor dos efectivos sanitarios, concretamente do 061, Cruz Vermella e Protección Civil de Teo. A rapazada poderá coñecer os medios materiais que empregan e facer simulacros con eles.

Na terceira categroía estarán os efectivos de rescate e emerxencias, con demostracións de medios dos servizos municipais de emerxencias de Vilagarcía de Arousa e de Teo, así como de Salvamento Marítimo e da empresa Fuego y Mar. Por último, o grupo das aeronaves que participan nas emerxencias: helicóptero do 061, helicóptero da Garda Civil e helicóptero de loita contra incendios forestais, este último con simulación de descarga de Bambi.

Unha xornada amena e moi interesante para todos os públicos, a cal contará tamén cunha demostración de traballo das unidades caninas (arredor das 12.00 horas do mediodía) da Policía Nacional, concretamente de rastreo e control de billetes; e do Exército, cunha demostración de defensa e ataque.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Xa pola tarde, cara as 17.00 horas, procederase a un simulacro de incendio en plataforma elevada e outro dun accidente de circulación por alcance entre dous turismos e unha cisterna de mercadorías perigosas. A xornada rematará cunha festa da escuma para toda a cativada presente.

Etiquetas

Emerxencias e Seguridaderadio lider santiagoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol