ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Hannah deixará en Galicia unha fin de semana de chuvias, ventos fortes e neve en zonas altas

A chegada dunha fronte activa, asociada a unha baixa situada ao oeste da Comunidade, marcará o tempo en Galicia durante os vindeiros días, deixando ceos nubrados, chuvias persistentes e un notable descenso das temperaturas.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de marzo de 2025 a las 09:14

Compartir

Venres 7 de marzo

A xornada de hoxe venres iniciarase cun aumento progresivo da nubosidade, con chuvias que farán acto de presenza xa pola mañá na zona oeste da Comunidade. Co avance da tarde, as precipitacións intensificaranse e iranse estendendo de sur a norte, afectando de maneira xeneralizada a todo o territorio galego. A cota de neve situarase nos 1200 metros ao final do día. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que os ventos de compoñente sur soprarán con forza, especialmente co paso da fronte, con refachos moi fortes no litoral e en zonas altas.

Sábado 8 de marzo

Durante o sábado, as baixas presións manteranse moi preto de Galicia, enviando sucesivas liñas de inestabilidade. Isto provocará unha xornada de ceos cubertos e precipitacións frecuentes, sendo máis intensas canto máis ao sur da Comunidade. A cota de neve manterase nos 1200 metros durante o día, pero baixará ata os 1000 metros ao final da xornada. As temperaturas experimentarán un descenso entre lixeiro e moderado. Pola súa banda, os ventos seguirán sendo de compoñente sur, con intervalos fortes en boa parte do territorio galego.

Domingo 9 de marzo

O domingo continuará a situación de inestabilidade debido á presenza de baixas presións ao oeste de Galicia, que provocarán unha circulación intensa do suroeste. A xornada estará marcada por ceos nubrados e chuvias que serán máis persistentes e intensas na zona suroeste, mentres que no norte das provincias de Lugo e A Coruña serán máis ocasionais e de carácter feble. A cota de neve situarase por riba dos 1200 metros. As temperaturas manteranse sen cambios significativos. Os ventos seguirán soprando do suroeste con intervalos fortes, con refachos moi fortes en zonas altas.

Precaucións ante o mal tempo

Diante desta situación meteorolóxica adversa, recoméndase extremar as precaucións, especialmente nas zonas costeiras e nas áreas de montaña, onde o vento e a neve poderían causar incidencias. Ademais, os condutores deben circular con precaución, xa que a chuvia e a redución da visibilidade poden dificultar a seguridade nas estradas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con este panorama meteorolóxico, Galicia afronta unha fin de semana marcada pola inestabilidade, na que as condicións adversas serán protagonistas ata a chegada da nova semana.

Etiquetas

galiciameteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia