ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Galicia será pioneira en Europa en regular por lei o uso da intelixencia artificial

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2023 a las 19:48

Compartir
  • Resalta que o obxectivo “é garantir que os sistemas IA que se usan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas”
  • Salienta que toda a IA utilizada na administración autonómica será avaliada por unha Comisión e que a cidadanía sería informada de cando se recorre a esta tecnoloxía para a toma de decisións
  • A Xunta promoverá “o uso responsable” da IA entre o sector privado con “axudas económicas, incentivos fiscais” e facilitando códigos de conducta

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello autorizou o inicio da tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA), que converterá “Galicia na primeira rexión europea en regular por lei o uso” desta tecnoloxía. “O obxectivo é garantir que os sistemas de intelixencia artificial que se utilizan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas”, resaltou.

A lei establecerá os principios éticos para o deseño, adquisición implementación e uso de sistemas de IA por parte da Administración baixo criterios de dilixencia, auditabilidade, explicabilidade, transparencia, imparcialidade, ausencia de nesgos, seguridade ou privacidade.

Entre os principios éticos reitores, destaca tamén o principio de reserva da humanidade e de revisión humana, principio de fiabilidade e de responsabilidade e o principio de avaliación de impacto nas persoas, na sociedade e no ambiente. Garantirá, así mesmo, os dereitos de liberdade, igualdade e reacción fronte ao deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de intelixencia artificial, así como o exercicio dos dereitos da cidadanía.

Coa tramitación desta lei, a Xunta avanza no seu compromiso de aprobar entre 2020 e 2024 a normativa necesaria para facilitar a incorporación de tecnoloxías dixitais de alto impacto, de acordo co obxectivo da Estratexia Galicia Dixital 2030 de especialización tecnolóxica e atracción de investimentos e talento dixital.

Ademais, tamén responde, así mesmo, á petición unánime do Parlamento de Galicia para impulsar as actuacións necesarias para que Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia adopten, como marco de actuación, o establecido polo Regulamento europeo de intelixencia artificial, previamente á súa entrada en vigor prevista para o ano 2024, así como o desenvolvemento da normativa necesaria para a aplicación da IA no sector público autonómico.

Tal e como explicou o presidente, un dos principais obxectivos da futura normativa é “garantir o uso eficaz, eficiente, ético e seguro da IA na administración autonómica”. Para iso, asegurou que os sistemas IA que se usen neste eido “estarán supervisados por unha Comisión” que vele porque o seu funcionamento “sexa axeitado desde o punto de vista económico, ético e xurídico”. Ademáis haberá un rexistro sobre a tecnoloxía IA que utiliza a administración e “a cidadanía sempre estará informada” sobre o grao de participación da intelixencia artificial “nos actos administrativos e na toma de decisións”.

E, por outra banda, a Lei tamén busca “aproveitar a oportunidade que a IA supón para o tecido socioeconómico galego”. Para iso, Rueda explicou que vanse ofrecer “axudas económicas e incentivos fiscais” para “promover o uso responsable” desta tecnoloxía nas empresas e a Xunta facilitará ao sector privado “códigos de conducta ou ferramentas de autodiagnose” sobre o uso desta tecnoloxía.

A proposta que foi levada hoxe ao Consello para ser remitida ao Consello consultivo pretende recoller os aspectos normativos da lei en catro apartados (títulos) sobre gobernanza e planificación, identificación e avaliación, uso da IA ​​polo sector público, e medidas para o impulso da IA en Galicia.

No título primeiro indicaríanse as competencias das persoas e dos distintos órganos de xestión pública, así como dos órganos de fiscalización e avaliación. Tamén regula as áreas de colaboración e inclúe aspectos relacionados coa planificación e a xestión. O título segundo abordaría cuestións como o procedemento e criterio para a identificación e avaliación de sistemas de intelixencia artificial, así como para a súa adquisición, desenvolvemento e implantación na Administración autonómica.

Pola súa banda, o título terceiro regularía o uso dos sistemas de IA por parte da Administración xeral e o sistema público autonómico de Galicia, así como aspectos relacionados cos códigos de conducta, guías ou ferramentas de autodiagnose ao servizo dos operadores privados. E o título cuarto abriría as portas a promover o uso da IA ​​ética e fiable entre as empresas así como a colaboración entre administracións a través dos ecosistemas Gobtech.

A norma busca aumentar a confianza da cidadanía nesta tecnoloxía e garantir que os sistemas de IA sexan fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas. Ademais, consolida Galicia como un lugar idóneo para o investimento empresarial no sector da intelixencia artificial.

Ao mesmo tempo, impulsará a implantación e uso de sistemas de intelixencia artificial seguros, eficientes e de calidade nas empresas galegas, en particular, nas pemes, promovendo a súa mellora competitiva.

A redacción da proposta estará coordinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A Axencia promoverá unha comisión de redacción da que formarán parte a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, a Secretaría Xeral da Presidencia e a Consellería de Facenda e Administración Pública, por medio da súa Secretaría Xeral, da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa. Haberá tamén grupos de traballo nos cales participarán, entre outros, a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Tamén serán tidas en conta as achegas de profesionais, entre eles os integrantes da Comisión de Expertos para o Asesoramento no Desenvolvemento e Uso Ético da IA de Galicia, recentemente constituída.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Está previsto que o texto poida ser remitido ao Parlamento para a súa tramitación no primeiro período de sesións de 2024.

Etiquetas

galiciaintelixencia artificiallei
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia