ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Frades repartirá composteiros de balde a veciños con vivendas unifamiliares

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de noviembre de 2023 a las 10:45

Compartir
  • Os únicos requisitos para solicitalos no Concello ou no 981 695 567 son residir nunha vivenda cunha parcela ou horta cun mínimo de 25m 2

14 de novembro de 2023.- O Concello de Frades vai repartir preto dun cento de composteiros entre persoas propietarias de vivendas unifamiliares no municipio que conten cunha parcela ou horta dun mínimo 25 metros cadrados. Para conseguir un destes composteiros do “Programa de compostaxe doméstica no Concello de Frades” só é preciso chamar por teléfono ao Concello (981 695 567) ou realizar o trámite de forma online, a través do código QR habilitado no cartel da campaña ou neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScw3jRbrRMFX2HXe0pKXLMarYGdaXtWgr
Z2Mx_gjky_WHuwRw/viewform

O composteiro ten capacidade para 400 litros e debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores. O concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “a compostaxe doméstica trae consigo importantes vantaxes ambientais, económicas e sociais. Dado que a materia orgánica representa o 42% dunha bolsa de lixo tipo, ao recuperala no propio fogar evítase o seu depósito nos contedores verdes convencionais, minguando así a frecuencia de recollida e transporte dos residuos e, polo tanto, as emisións de CO 2 á atmosfera”.

O obxectivo desta campaña é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentadano rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente.

Este “Programa de compostaxe doméstica no Concello de Frades” está promovido polo Concello de Frades en colaboración coa Xunta de Galicia e conta coa financiación da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta será a cuarta entrega de composteiros que organiza o Concello de Frades, onde xa son preto de cen as familias do municipio que se sumaron a este proxecto de valorización da materia orgánica nas súas vivendas ao longo dos tres últimos anos.

Etiquetas

composteirosfrades
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
Deportes

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera
Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón
Comarca

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa
Comarca

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa