ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Fernando Suárez seguirá catro anos máis á fronte do CPEIG

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2023 a las 10:47

Compartir
  • A regulación profesional, a colaboración coas administracións, universidades e empresas, a difusión social da profesión e fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, serán as súas principais liñas de traballo Fernando Suárez:
  • “É moi emocionante vivir nestes momentos unha profesión que está cambiando o mundo, polo que é fundamental intentar que a sociedade non teña medo á informática e ensinarlle a utilizar as súas ferramentas de forma segura e consciente”
  • A nova directiva constituíuse hoxe nun acto celebrado no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, tras un proceso electoral no que só houbo unha candidatura que se proclamou electa

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2023 (Vía Láctea Comunicación).- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) presenta a súa xunta de goberno, tras un proceso electoral no que non se celebraron votacións ao contar cunha soa candidatura, que finalmente se proclamou electa. A xunta de goberno para o período 2023-2027, que se constituíu hoxe nun acto celebrado no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, está formada por:

Presidente: Fernando Suárez Lorenzo

Vicepresidenta: Susana Ladra González

Secretario: Juan José González Cid

Vicesecretario: Roberto Vieito Raña

Tesoureiro: Francisco Javier Rodríguez Martínez

Vicetesoureira: Lorena Otero Cerdeira

Vogal 1: Benigno Rosón Calvo

Vogal 2: María Pilar Vila Avendaño

Vogal 3: José Manuel Vázquez Naya

Vogal 4: Iván Luis Vázquez

“A clave é que estou rodeado de xente máis boa que eu, e conformamos un grupo unido que traballa para defender os intereses dos colexiados e colexiadas. Recibimos mensaxes de compañeiros para continuar co traballo realizado nos últimos catro anos e,
xa ao rexistrarse esta única candidatura electoral, chegáronnos tamén felicitacións por esta nova etapa que agora iniciamos” –indicou Suárez–.

O presidente explicou que, tendo como estandarte a vocación de servizo ao corpo colexial, o CPEIG persegue o obxectivo, en Galicia e a través do Consejo de Colegios de Ingeniería Informática, de situar á profesión nun lugar destacado. Ademais, Fernando Suárez asegurou que o CPEIG actuará como un axente activo a nivel social, difundindo valores en defensa da profesión á cidadanía, ás administracións públicas, á universidade e ás empresas. “É moi emocionante vivir nestes momentos unha profesión que está cambiando o mundo e que é un facilitador en moitos ámbitos da vida, polo que é fundamental intentar que a sociedade non teña medo á informática e ensinarlle a utilizar as súas ferramentas de forma segura e consciente” –afirmou–.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Fernando Suárez manifestou que a función da nova xunta de goberno para os vindeiros catro anos será continuar traballando na regulación profesional, dado o crecente impacto da actividade da enxeñaría en informática na sociedade actual. Tamén sinalou que outras liñas do equipo serán seguir colaborando coas administracións públicas para a modernización da xestión administrativa, como acontece coa organización anual do Curso Superior de Administración Electrónica coa Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública; soster a colaboración co sector privado para o progreso e dixitalización de produtos e procesos; incentivar a colaboración coas universidades na adaptación e actualización dos plans de estudo, segundo a demanda actual do mercado laboral en materia das TIC; fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, en especial entre as rapazas, organizando obradoiros formativos como os que forman parte do programa TechKids posto en marcha coa Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, ou as diversas xornadas que se programan con motivo do Día das Rapazas nas TIC; ademais de recoñecer o traballo dos enxeñeiros informáticos coa celebración da NOITE da Enxeñaría en Informática, a gala que anualmente organiza o CPEIG. “Un dos nosos retos é alcanzar a inclusión dos máis pequenos, as mulleres e as persoas maiores no eido da informática” –asegurou o presidente–.

Etiquetas

CPEIGgalicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia