ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducaciónFala que FalaNoticia LíderSociedad

Fala que Fala visita este martes o IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de junio de 2025 a las 15:51

Compartir

O proxecto educativo Fala que Fala, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, chega mañá martes ao IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. O programa emitirase en directo das 10:00 ás 12:00 horas, cun formato dinámico e participativo que busca achegar o galego á mocidade a través da radio.

O alumnado de 1º e 2º da ESO terá como convidado a Nolo Chazo, director da Escola de Artes Caliveras, músico e socio da Taberna Cultural A Cofradía. A súa traxectoria no eido cultural e artístico será o fío condutor dunha entrevista na que os estudantes poderán profundizar no seu labor e na importancia do galego nas artes e na música.

Como en cada edición, unha vez rematada a emisión, os participantes gravarán pezas multimedia para promover o uso do idioma, que se difundirán a través de Radio Líder e das súas redes sociais.

Tras o seu paso por centros como o CPR Plurilingüe Vila de Arenteiro (O Carballiño), o IES Oroso, o Liceo La Paz da Coruña, o IES Manuel García Barros da Estrada e o IES Ordes, Fala que Fala segue o seu percorrido pola xeografía galega, combinando creatividade e dinamización lingüística.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A primeira tempada do proxecto pechará o 10 de xuño cunha gran festa do galego na Cidade da Cultura, organizada por Radio Líder co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e o patrocinio de Ferrecal, Cotelga, A1 Seguridade, Vegalsa-Eroski, Forvigal, Centro Comercial As Cancelas, Finsa, Restaurante Raxoi e Eme Audiovisuais. O evento reunirá a todos os centros participantes e incluirá sorpresas e actividades para a mocidade.

Etiquetas

fala galegofala que falaies faro das luasvilanova de arousa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada