ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadFala que Fala

Penúltima parada do Fala que Fala chega no CPI Dr. López Suárez de Friol

Friol acolle este xoves 16 de abril unha nova parada de “Fala que Fala”, o formato de Radio Líder que xa se consolidou como unha referencia na promoción do galego entre a mocidade. Tras o seu paso polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, o IES Cacheiras de Teo, o IES Castelao de Vigo e o IES O Ribeiro, en Ribavadia, o programa chega agora ao CPI Dr. López Suárez de Friol (Lugo) para celebrar a sétima e penúltima edición da tempada.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de abril de 2026 a las 23:12

Compartir

O espazo, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, emitirase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun punto de encontro arredor da lingua galega, cunha proposta dinámica e participativa pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.

Nesta ocasión, o convidado será Rafa Casanova (Friol, 1982), un histórico do fútbol galego que colgou as botas hai tres anos despois de 32 anos en distintos equipos da nosa comunidade. É o presidente do Friol Club de Fútbol e o adestrador da S.D. Residencia na primeira Futgal.  O deportista protagonizará unha das entrevistas do programa, realizada por parte do alumnado do centro.

Con esta nova cita, “Fala que Fala” continúa o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, reforzando o seu papel como proxecto de referencia na difusión, promoción e prestixio do galego entre as novas xeracións.

O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Etiquetas

fala que falalingua galegaradio lider
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada