ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónFala que FalaNoticia LíderSociedad

Fala que Fala chega este mércores ao IES Cacheiras coa participación de Mondra

Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea (Ourense) e o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos (Lugo), Radio Líder emite este mércores 11 de febreiro a cuarta edición do formato Fala que Fala desde o IES Cacheiras, no concello de Teo (A Coruña).

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de febrero de 2026 a las 22:44

Compartir

O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun espazo de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.

O convidado de honra desta edición será Mondra, nome artístico de Mondra Martín Mondragón, nado en Recesende (Teo) no ano 2000. Cantante e bailarín, Mondra é unha das voces máis recoñecibles da nova escena musical galega, cun proxecto que mestura a tradición coa contemporaneidade.

A súa carreira profesional comezou na compañía de danza de Fran Sieira, da que continúa formando parte, e conta tamén con formación en piano e pandeireta. Ademais, exerce como mestre de pandeireta e baile tradicional galego en distintas asociacións culturais do país. En setembro de 2023 publicou o seu primeiro álbum de estudio, ARDĒN, no que fusiona a música enxebre cun son actual, un estilo que el propio define como trad. En 2025 lanzou De ronda, un traballo de once cancións producido por Hevi no Laboratorio Soyuz.

Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Etiquetas

cacheirasfala que falamondrateco
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”
Actualidad

Valentín García: “Participar en Fala que Fala é unha experiencia que non se esquece na vida”

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego
Actualidad

De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego