ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSaludSociedad

Expertos destacan os beneficios do Balneario de Brión: elimina o 80 % das lesións por psoríase

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de marzo de 2024 a las 10:45

Compartir

 

 

Así o corrobora a Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago xunto a Balnearios de Galicia

Tamén funciona complementariamente en depresións ou reuma, disminuindo a inxesta de fármacos

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, o balneario de Compostela, situado na localidade coruñesa de Brión, acolle esta fin de semana -8 e 9 de marzo- unhas xornadas centradas nos beneficios da balneoterapia para tratar doenzas respiratorias e dermatolóxicas, así como a depresión. Un grupo de futuros médicos da Universidade de Santiago, que se están a formar na cura termal, coñecerán os seus efectos terapéuticos para abordar este tipo de enfermidades

En relación ás patoloxías respiratorias, os responsables médicos do balneario salientan que “as augas mineromedicinais contribúen a diminuír a inflamacións das mucosas, eliminan a mucosidade e aumentan a capacidade pulmonar; polo que resultan de interese para tratar a farinxite, larinxite, sinusite e as afonías, entre outras doenzas do aparato respiratorio como a EPOC ou a asma”. Así, en función da vía que se quere tratar, fanse inhalacións, fisioterapia na auga ou mesmo pódense aplicar parafangos.

Para abordar as doenzas dermatolóxicas, no balneario de Compostela empregan peloides termais, que resultan de mesturar a parte activa da auga mineromedicinal con arxila. Esta técnica aplícase en particular para abordar a psoríase e tamén a dermatite atópica seborreica, procesos nos que a pel se amosa inflamada e reactiva. Os médicos do balneario aseguran que se logran resultados moi satisfactorios xa no primeiro mes de tratamento. “Desaparece o prurito, as lesións van mellorando e aparece a pel sa na maior parte do corpo, desaparecen máis do 80% das lesións” -resaltan-. Segundo estes profesionais, para conseguir resultados efectivos a longo prazo precísanse de dous ou tres ciclos de 21 días -coincidindo co recambio celular da pel- a días alternos e cunha semana de descanso.

A aplicación de calor mellora o sono e o estado dos pacientes con depresión

O balneario de Compostela realizou un estudo piloto sobre os efectos terapéuticos das augas termais na depresión, en colaboración coa facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago e os centros de saúde de Brión e Bertamiráns, cunha selección de pacientes que teñen en común que padecen depresión moderada ou severa e non toman medicación. Os médicos do balneario explican que o tratamento consiste na colocación dun sensor que mide a temperatura corporal dos pacientes ao longo do día. “Métense en bañeiras a 40 ºC durante vinte minutos e logo nunha sala mantense a temperatura cunha manta térmica durante outros vinte minutos. Mídeselles a temperatura durante todo o proceso e obtéñense uns parámetros. Os resultados indícannos que o tratamento mellora coa aplicación de calor, en particular o sono e a sensación anímica” -afirman-.

Os expertos sinalan que nos pacientes con depresión detéctase unha alteración na súa temperatura corporal. Cando se someten a unha temperatura da auga a 40 ºC, o organismo libera unha substancia que fai que a temperatura corporal diminúa, cos consecuentes efectos positivos para estes doentes.

Os futuros médicos realizarán prácticas no balneario con peloides, parafangos, envolturas e presoterapia

As xornadas comezan o venres ás 16:00 horas cun percorrido pola historia do balneario e das súas augas, da man da doutora Olalla Janeiro. De seguido, os futuros facultativos realizarán unha visita ás instalacións do centro. Logo terán unha nova charla sobre o tratamento terapéutico respiratorio, concluíndo con prácticas termais no balneario.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O sábado coñecerán cales son as principais innovacións no sector termal, en particular no referente ao uso de peloides. Terán a oportunidade de recibir diversos tratamentos en seco como peloides, parafangos, envolturas e presoterapia. De seguido, achegaranse aos principais efectos terapéuticos das augas mineromedicinais na depresión. A xornada concluirá cunha sesión práctica no balneario.

Etiquetas

balneariobrionradio ldier santiagosaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche