ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Este venres reuniranse os dez concellos que conforman a Fundación Refuxio de Animais

23/05/2024 A Fundación Refuxio de Animais reunirá este venres 24 de maio o seu padroado para analizar e decidir propostas de intervención que determinarán as prioridades de mantemento das instalacións, cos recursos técnicos e humanos necesarios, ademais da posta en marcha dunha campaña para sensibilizar mediante unha publicación sobre tenza responsable e adopción de animais.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de mayo de 2024 a las 20:07

Compartir

Na reunión na que participarán representantes de Touro, Vedra, Dodro, Padrón, Val do Dubra, Brión, Trazo, Teo, Boqueixón e Santiago de Compostela, tamén se dará conta do programa de mantemento anual, do incremento do horario e dos custos do persoal, así como de posibilidades para a captación de recursos económicos cun financiamento solidario entre os concellos que conforman o padroado desta fundación.

En canto ás previsións de actuación, analizaranse as necesidades no edificio principal, coa instalación de gaiolas externas de gateiras, a ampliación de canís e o feche de parcelas, entre outras.

Tamén se informará dos labores de mantemento realizados recentemente en portas, bebedeiros, extractores, instalación eléctrica, limpeza de canlóns e da dotación económica para a adquisición de materiais e traballos de reparación.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.