Este venres reuniranse os dez concellos que conforman a Fundación Refuxio de Animais
23/05/2024 A Fundación Refuxio de Animais reunirá este venres 24 de maio o seu padroado para analizar e decidir propostas de intervención que determinarán as prioridades de mantemento das instalacións, cos recursos técnicos e humanos necesarios, ademais da posta en marcha dunha campaña para sensibilizar mediante unha publicación sobre tenza responsable e adopción de animais.