Este luns 9 de setembro comeza o horario de inverno no transporte público de Santiago
06/09/2024.- A partir do luns día 9 de setembro ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
Líder Redacción
7 de septiembre de 2024 a las 14:56
Na web de Tussa pódese consultar o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase o folleto de horarios impreso habitual, e realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.
Para calquera dúbida ou consulta, Tussa pon a disposición das persoas usuarias, o teléfono de información do transporte urbano, 981581815.



