Entran en vigor os horarios de inverno no transporte urbano de Santiago
A partir do luns 8 de setembro ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
Líder Redacción
7 de septiembre de 2025 a las 14:08
Na web de TUSSA pode consultarse o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.
Dende TUSSA lémbrase á cidadanía que ten á súa disposición para a retirada as tarxetas con viaxes gratuitas de bono infantil (ata os 14 anos), tanto nas oficinas de TUSSA situadas na estación de autobuses como nas de Tralusa, no recinto feiral de Amio, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ata o momento, lévanse entregadas 1.422 tarxetas de abono infantil desde o 1 de xullo, día en que se iniciou a redución de tarifas conforme á aprobación polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible das novas axudas directas ao transporte de viaxeiros colectivo urbano e interurbano.
Poden consultar calquera dúbida no teléfono de información do transporte urbano, 981581815.