ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

El Corte Inglés acolleu a presentación da novela gañadora do Premio Illa Nova 2024

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024. Hoxe celebrouse, na sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, a presentación de «Baixo o ceo de xeo», Premio Illa Nova de Narrativa 2024, de Adrián Pérez Bote.

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2024 a las 16:35

Compartir

Este acto contou coa presenza do autor, que compartiu con todos os asistentes o proceso creativo desta fascinante novela que nos transporta a un universo de intriga e emocións intensas. Xunto a el estiveron Fuencisla Cid, directora de Comunicación de El Corte Inglés en Galicia; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Durante o encontro, Cid puxo en valor o compromiso da organización coa creación en galego e o apoio aos novos talentos, asegurante que a novela gañadora será «un gran éxito» e o primeiro de moitos traballos por parte de Pérez Bote.

«O Premio Illa Nova de Narrativa é un premio que este ano cumpre prefectamente co seu principal obxectivo: traer a novos creadores menores de 35 anos ao campo da literatura galega», asegurou Xosé M. Soutullo.

O autor, Pérez Bote, agradeceu o premio e indicou a súa afición á novela fantástica e á ciencia ficción dende neno, considerándose un gran lector. «Quixen facer unha homenaxe neste libro á literatura de fantasía dende a ciencia ficción».

Pola tarde, en El Corte Inglés de Vigo, celebrarase, ás 19 h, a presentación do libro, na que o autor estará acompañado por Malores Villanueva, coordinadora do premio.

«Baixo o ceo de xeo» pon sobre a mesa algunhas preguntas:

Cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?

A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.

Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.

Un libro que fala de conviccións, coraxe e sacrificio.

Adrián Pérez Bote (Vigo, 1992) é matemático, especializado en estatística e intelixencia  artificial. Desde rapaz é lector de ficción científica e fantasía, ao tempo que un apaixonado da ciencia e a tecnoloxía. Estes intereses influencian con forza a súa incipiente obra literaria.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En 2024 foi premiado no certame XVII Terras do Chamoso co relato “A defensa d’O Val” e, neste mesmo ano, gañou o Premio Literario Illa Nova de Narrativa con Baixo o ceo de xeo, a súa primeira novela.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.