O autor, Pérez Bote, agradeceu o premio e indicou a súa afición á novela fantástica e á ciencia ficción dende neno, considerándose un gran lector. «Quixen facer unha homenaxe neste libro á literatura de fantasía dende a ciencia ficción».
Pola tarde, en El Corte Inglés de Vigo, celebrarase, ás 19 h, a presentación do libro, na que o autor estará acompañado por Malores Villanueva, coordinadora do premio.
«Baixo o ceo de xeo» pon sobre a mesa algunhas preguntas:
Cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?
A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, persiste rodeada de escuridade sen fin. Agora, un mal antigo e poderoso toma forma demasiado preto, e Minë, explorador, persegue o xeito de protexer o seu fogar. Para iso vai precisar astucia, valor e unha vontade irredutíbel.