ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducación

EFA Piñeiral clausura o curso académico cun multitudinario acto no Multiusos de Arzúa

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de junio de 2024 a las 20:00

Compartir
  • No evento, celebrado o pasado venres en Arzúa, déronse cita alumnado, familias, equipo docente e directivo  da Efa Piñeiral así como representantes das empresas colaboradoras co proxecto educativo do centro

A promoción 2022-2024 dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría, educación infantil e a promoción 2023-2024 do ciclo de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral veñen de recibir a imposición de becas durante o acto de clausura celebrado este pasado venres en Arzúa.

O evento, no que se deron cita preto de 400 persoas, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta e directivos da Asociación Efa Piñeiral e a representantes das máis de 350 empresas acolledoras polas que pasan os alumnos ó longo dos ciclos formativos.

No acto, ademáis de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, unha representación do alumnado resumiu nas súas intervencións as actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicos, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas,  participación en obradoiros,  e estadías de formación en empresas en cada trimestre.

Esteban Raposo, director de Toldos Gómez, como representante das empresas colaboradoras na formación do alumnado, aconsellou na súa intervención ó alunnado a “escoller ben as metas, reflexionando sobre o porqué desa elección, e logo, a perseverar na súa consecución, insistindo e non desistindo. Raposo recoñeceu o traballo feito dende a Efa Piñeiral, institución coa que Toldos Gómez leva 5 décadas cooperando, tendendo pontes entre as necesidades reais e actuais do tecido empresarial e a formación profesional”.

Pola súa banda, o director institucional das Efas de Galicia, Luis García, incidiu na diferenciación do sistema pedagóxico dos centros EFA, “Estudar nunha Efa é moito máis que facer un ciclo; é recibir formación integral, formación en alternancia co tecido produtivo e a inserción profesional no territorio no sentido máis amplo. Cursar un ciclo en Piñeiral supón máis de un cento de ocasións de contacto profesional, esa é a nosa gran aposta”.

Daniel Moscoso do Concello de Arzúa, puxo o foco na relevancia que a formación profesional está a ocupar no mercado laboral e na oportunidade que hoxe por hoxe supoñen os ciclos formativos para a inserción laboral.

Curso 24-25

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O centro formativo Efa Piñeiral xa  está a recibir solicitudes de información para o vindeiro curso académico no que a oferta formativa de ciclos de formación profesional a conforman os ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade e os  ciclos medios de actividades comerciais, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría. O prazo para a presentación de  solicitudes de admisión en periodo ordinario comeza o vindeiro día  24 de xuño ás 9.00 horas e remata o 04 de xullo ás 13.00 horas.

Etiquetas

arzuaeducacionefa piñeiralradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock