ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Dodro aproba en pleno o inicio da licitación do Servizo de Axuda no Fogar

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2025 a las 09:39

Compartir
  • A licitación aprobouse só cos votos a favor do PSdeG-PSOE, e o BNG. Unidade Veciñal de Dodro e Xente de Dodro votaron en contra desta licitación. A abstención do PP, posibilita a súa aprobación.

Dodro, 23 de marzo do 2025 – O Salón de Plenos de Dodro acolleu o pleno ordinario de marzo no que, entre outros temas, conseguiuse aprobar o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, por un importe anual de mais de 660.000 €. Unha aprobación cos únicos votos favorables do PSdeG-PSOE e o BNG.

Tanto Unidade Veciñal de Dodro como Xente de Dodro votaron en contra. Xente de Dodro advertiu desde o primeiro momento que a súa norma é “votar en contra de todo”. Pola súa banda Unidade Veciñal de Dodro defendía unha municipalización que resulta imposible de asumir economicamente polo concello, entre outras razóns polo custo do persoal, segundo explicaron desde o equipo de goberno.

O Partido Popular optou pola abstención despois de reclamar nos últimos meses que se sacara adiante a licitación. Foi esta abstención, e o feito de que dos tres concelleiros da agrupación Xente  de Dodro só asistira o voceiro, a que posibilitou a aprobación.

A non aprobación de este procedemento tería sido un problema grave para os veciños e veciñas do concello, xa que suporía un parón nun dos servizos máis demandados no concello. Agora poderá comezar un proceso que rematará coa adxudicación do SAF.

Outros temas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O pleno aprobou tamén unha modificación de crédito e un recoñecemento extraxudicial de crédito, relacionados coa xestión e o pago do SAF. No apartado de mocións o BNG conseguiu o apoio da corporación para un recoñecemento ás cantareiras do municipio.

Etiquetas

dodro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

Nai e fillo resultan feridos tras bater contra un can na AG-11 en Dodro
Sucesos

Nai e fillo resultan feridos tras bater contra un can na AG-11 en Dodro

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello
Comarca

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello

María Calvo Ares celebra os 100 anos convertida na única centenaria de Dodro
Comercio

María Calvo Ares celebra os 100 anos convertida na única centenaria de Dodro