Convocadas mobilizacións en toda a bacía do Ulla contra Altri
A Plataforma Ulloa Viva chama á cidadanía a mobilizarse este domingo 16 de marzo ás 12:00 horas en diferentes puntos da bacía do Ulla para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de Altri. As concentracións, baixo o lema «Altri Non! Na Bacía do Ulla», celebraranse simultaneamente en varias localidades para visibilizar a oposición ao impacto ambiental que suporía a instalación da fábrica de celulosa en Palas de Rei.
Líder Redacción
15 de marzo de 2025 a las 14:10
Os puntos de encontro serán:
- Agolada – Praza do Concello
- Antas – Praza do Concello
- Arzúa – Praza de Galicia
- A Ulloa Viva – Ponte de Pontevea (río Ulla, entre Teo e A Estrada)
- Baixo Ulla – Diante do Concello de Padrón
- Chantada – Praza do Cantón
- Melide – Praza do Concello
- Monterroso – Diante do Concello
- Palas de Rei – Praza do Concello
- Santiso – Diante do Concello Vello (adiantada ás 11:00 horas)

A plataforma fai un chamamento á participación masiva para berrar alto e claro «Altri Non!» e seguir defendendo o territorio fronte a este proxecto.