Convocadas mobilizacións en toda a bacía do Ulla contra Altri
A Plataforma Ulloa Viva chama á cidadanía a mobilizarse este domingo 16 de marzo ás 12:00 horas en diferentes puntos da bacía do Ulla para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de Altri. As concentracións, baixo o lema «Altri Non! Na Bacía do Ulla», celebraranse simultaneamente en varias localidades para visibilizar a oposición ao impacto ambiental que suporía a instalación da fábrica de celulosa en Palas de Rei.
