ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

Continúa o colapso das urxencias do Chus a pesar do plan de continxencia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2024 a las 18:00

Compartir

 

 

Onte, día 2 de xaneiro do 2024, as urxencias do CHUS seguiron colapsadas, sen que se apreciara a aplicación das medidas do plan de continxencia aprobadas pola Consellería de Sanidade e a pesar de que a demanda no servizo reduciuse obstensiblemente a 472 persoas (120 persoas menos que o día 26 de decembro no que se deu o pico de demanda mais elevado nas últimas semanas). Ás 12:30 horas 19 pacientes cualificados pola triaxe como graves estaban colocados nos corredores en cadeiras de rodas e padiolas agardando a ser atendidos. Nese momento 53 persoas co ingreso asinado en planta ocupaban os espazos de traballo agardando por unha cama. Ás 14:30 horas os pacientes co ingreso asinado seguían sendo 53, mentres aumentaba o número de pacientes colocados nos corredores a 27. Ás 20:20 horas 14 pacientes, a maioría en padiolas, seguían colocados nos corredores de acceso e adxacentes.

Segundo a información publicada no Pulso do CHUS o nivel de ocupación das camas nas últimas 24 horas foi do 57 por 100. Os xestores sanitarios, fronte a deteriorización das condicións da atención e a violencia estrutural que comporta colocar sistematicamente aos pacientes graves nos corredores de acceso, pasan da inactividade a unha aparente intervención política que se queda nunha aparición pública forzada polas queixas e as denuncias de pacientes e profesionais.

O que leva anos acontecendo nas urxencias do CHUS viola dereitos fundamentais que quebran os principios esenciais da convivencia pacífica baseada no respecto dos elementos esenciais da condición humana.

1. Vulneran o dereito fundamental a intimidade e a dignidade das persoas recoñecidos nos artigos 15 e 18 da CE/78.
2. Comporta un racionamento dos recursos sanitarios quebrando os principios reitores do noso sistema público de saúde recollidos no artigo 32 da Lei de Saúde de Galicia
3. Implica a utilización fraudulenta dos servizos de urxencias cuxa función esencial está definida no artigo 52 da Lei de Saúde de Galicia
4. Incumpren os estándares de calidade elaborados polo Ministerio de Sanidade no ano 2010.
5.Vulneran o anexo I do RD 486/1997 en materia de seguridade e saúde no traballo que establece que as vías de evacuación deben de estar libres de obstáculos.
6. Incorren en incumprimento do código deontolóxico da profesión médica colexial cuxos artigos 7 e 47 obriga aos médicos directivos a velar para que se dean os requisitos de calidade, suficiencia asistencial e mantemento dos principios éticos, evitando que se ofrezan servizos sanitarios sen a debida dotación de medios humanos e materiais.

VÍDEO dos corredores de acceso do CHUS ás 20:20 horas do 02/01/2024 publicado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

chuscolapsogaliciasanidadesantiagourxenxias
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala