ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaDestacadoSociedad

Conta atrás para a gala dos IV Premios Galetiktokers en Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de noviembre de 2023 a las 12:21

Premiados en la edición de 2022 de Galetiktokers

Compartir
  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro venres, 10 de novembro, ás 20:00 horas, a gala de entrega de premios do IV Certame Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e de Normalización Lingüística do Concello de Ames, que se realiza por cuarto ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a creación de vídeos en galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación
  • O evento estará presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, @Pradorua e @Gabiig8, e amenizado polo grupo amesán, Onda Dagda. A gala é aberta ao público e para reservar praza cómpre confirmar asistencia ata as 14.00 horas do 8 de novembro, enviando un correo electrónico ao enderezo: galetiktokers23@gmail.com

Ames, 3 de novembro de 2023.- A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro venres, 10 de novembro, ás 20:00 horas, a gala de entrega de premios do IV Certame Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e de Normalización Lingüística do Concello de Ames, que se realiza por cuarto ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a creación de vídeos en galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación. Nesta cuarta edición presentáronse 51 vídeos, realizados por máis de 120 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. O evento estará presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, @Pradorua e @Gabiig8, e amenizado polo grupo amesán, Onda Dagda. A gala é aberta ao público e para reservar praza cómpre confirmar asistencia ata as 14.00 horas do 8 de novembro, enviando un correo electrónico ao enderezo: galetiktokers23@gmail.com .

Un ano máis, os departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames puxeron en marcha o Certame Galetiktokers. Esta iniciativa pretende estimular e fomentar a creación de vídeos en galego con novos formatos e, á vez, servir de oportunidade para darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.

Entre as 51 pezas audiovisuais, presentadas por máis de 120 mozos/as participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, repartiranse seis premios de 300€, que suman un total de 1.800 euros. Na primeira categoría (mozas e mozos de
13 a 16 anos) presentáronse 27 vídeos, e na segunda categoría (mozas e mozos a partir de 17 anos) hai 22 vídeos admitidos.

Catro dos premios (os dous vídeos mellor valorados en cada unha das categorías) decídeos o xurado, que está composto por María Rúa Rodríguez, creadora de contido en galego (@Pradorua); Noelia Francisco Lens, especialista en
comunicación audiovisual; e Gabriel García Calvo, creador de contido en galego (@Gabiig8). Para seleccionar os vídeos gañadores, o xurado tivo en conta o atractivo das pezas no seu conxunto, tanto na forma como no contido, e valoraron
aspectos como a orixinalidade, a creatividade, a claridade e a calidade lingüística.

Os outros dous premios foron escollidos polo público a través do Instagram de Xuventude Ames XA! (@xuventudeames). Así, o vídeo de cada categoría que obtivese máis «gústame» será o que reciba o galardón. Deste xeito, cada categoría
recibe tres premios: dous do xurado e un do público. Gala de entrega de premios

Todos os galardóns serán entregados nunha gala que se celebrará o venres, 10 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O evento estará presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, @Pradorua e @Gabiig8, e amenizado por Onda Dagda, grupo musical amesán de rock composto por mozos e mozas que ensaian na Factoría. A cantante é Maria Iglesias, alumna doIES do Milladoiro e gañadora do concurso Canta con Ames en 2022.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A gala estará aberta ao público ata completar aforo e para reservar praza cómpre confirmar asistencia ata as 14.00 horas do 8 de novembro, enviando un correo electrónico ao enderezo: galetiktokers23@gmail.com .

Etiquetas

amesGaletiktokersPremios
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.